Buscar

galiza sefarad

A XUDIARÍA GALEGA

A INQUISICIÓN NA GALIZA

Cando se falar da Inquisición en Santiago, normalmente reférese ao antigo edificio da Praza da Galiza onde tivo a súa sede, un solar que hoxe en día ocupa o Hotel Compostela, facendo esquina á Rúa do Hórreo.

sambenitos_tui

Contodo, non foi a súa única sede na capital galega, como revelou o estudo realizado pola investigadora da Universidade de Santiago Paula Pita Galán, que no ano 2012 se publicou nos Cadernos de Estudos Galegos.

No pormenorizado traballo refléctese a historia do Santo Oficio en Compostela, desde o seu primeiro asentamento na cidade.

Un asentamento serodio, pois se sempre se fixa o ano 1478, data da bula do papa Sixto IV como a altura en que os Reis Católicos deron pé á súa creación, en Santiago non foi até case un século despois, en 1574 cando se sedia na cidade.

Logo de varias tentativas infrutuosas, entre outras razóns pola oposición local, foi a tentativa de se protexer da chegada de libros luteráns através dos portos galegos que impulsou a súa posta en marcha.

A primeira sede, asinala Paula Pita, no seu traballo “As novas casas da Inquisición en Santiago de Compostela: do Pazo de Monterrei á sede de Porta dá Mámoa”, estaba situada no denominado palacio dos condes de Monterrei, que estaba “situado no fronte norte da pequena praza de San Miguel, e lindando coa vedación oriental da horta do mosteiro benedictino de San Martín Pinario”.

Esta localización e as obras que pretendían levar a cabo para condicionar o imóbel, deron lugar a constantes polémicas coa institución monástica, que mesmo, explica, chegou a apresentar queixa, conseguindo paralizar os traballos.

O litixio solucionouse co traslado do Santo Oficio para a zona do Hórreo, chamada nos seus tempos, sinala Paula Pita, “casa grande de Calo”. Unhamudanza que, lembra, non se fixo sen polémica, xa que os antigos proprietarios do terreno, os herdeiros de Ignacio de la Vega e Calo, apresentaron queixa polo valor dos terreos.

Fonte: Asociación para a Defesa do Patrimonio Cultural Galego

O XVII Día Europeu da Cultura Xudaica será celebrado no domingo 4 de setembro de 2016. Este ano, está dedicado às línguas dos Xudeus.

Na Galiza realízanse comemoracións en Monforte de Lemos, Ribadavia e Tui.

MONFORTE DE LEMOS

Visita guiada á Xudaría de Monforte

Data / Horario: 4 de setembro, ás 11.30 h e 18 h

Local: Escritorio Municipal de Turismo (R/ Comercio, 6)

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

Aceso gratuito.

Contato:

Campo de Santo Antonio, s/n 27400, Monforte de Lemos
T: +34 982402501
cultura@concellodemonforte.com

17dcj_monforte

RIBADAVIA

Festival de Música ARTEFICIAL

Data / Horario: 3 de setembro, de 12:30 a 23:00 h

Local: Bairro xudeu-A Madalena-Auditorio do Castelo-Museu Sefardita

Organiza: Concello de Ribadavia-Arteficial-Escritorio de Información Xuvenil-Escritorio de Turismo

Entrada gratuita

Música ponte entre culturas (klezmer, alternativa, jaz, blues,…). Feira da ladra de gastronomía.

Visita guiada á Xudaría de Ribadavia

Data / Horario: 4 de setembro, 12h (en español) e 17h (en galego)

Local: Escritorio Municipal de Turismo (Pr. Maior)

Organiza: Concelho de Ribadavia-Escritorio de Turismo

Percurso singular pola Xudaría de Ribadavia, profundando na historia da presenza hebrea durante a Idade Media. Visita a un forno antigo de elaboración de confeitaría hebraica tradicional e artesá.

Visita ao Museu Sefardita da Galiza

Data / horario: 4 de setembro, de 10:30 a 20h.

Local. Escritorio de Turismo de Ribadávia

Organiza: Museu Xudeu da Galiza-Escritorio de Turismo

Dia de Portas Abertas. Poderase coñecer a historia dos Xudeus e a súa presenza na Galiza ao longo da historia. Interesante mostra que axuda a comprender a evolución dun pobo que fixo parte da Galiza durante séculos.

Contato:

Escritorio de Turismo de Ribadavia
Pr. Maior, 7 32400 Ribadavia
T: +34 988 47 12 75
turismo@ribadavia.es

TUI

Visita guiada á Xudaría de Tui

Data / horario: de segunda-feira (5 de setembro) a sexta-feira (9 de setembro); sábados, domingos e feriados, ás 12h

Local: Pr. da Imaculada

Organiza: Concello de Tui-Concellaría de Turismo

VILANOVA DOS INFANTES

Vila galega pertencente ao municipio de Celanova, con cerca de 270 habitantes.

Vila Nova dos Infantes está coroada por unha torre de omenaxen, vestixio do castelo do século XIV, e foi sede de concello até 1927, en que foi incorporada como paroquia ao municipio de Cela Nova, onde tamén existe unha xudiaría galega.

Vilanova_dos_Infantes
Xudería de Vilanova dos Infantes. Wikipédia

Xudería de Vilanova dos Infantes. Wikipédia
En Vilanova dos Infantes está acreditada a presenza xudaica, existindo varias casas medievais con marcas de converso (cruciformes). Existe a crenza popular de que logo despois da expulsión decretada polos reis católicos, Vilanova dos Infantes, co apoio da comunidade cristiá, acolleu Xudeus.

Tamén se acha que o local da Adega de San Vivián, restaurada en 2004, podería ter sido un cemiterio xudaico a teor da súa fasquía de catacumbas.

vila_nova_infantes
Adega de San Vivián. LOUXA

Vilanova dos Infantes é a terra da infancia de Xosé Luis Méndez Ferrín, independentista galego e un dos escritores máis representativos da literatura galega contemporánea. Nun artigo publicado no xornal “Faro de Vigo” falou na súa orixe e presenza xudaicas nesta vila: “Temos falado aqui da orixe xudaica, nunca probada, de certas familias de Vilanova dos Infantes, incluída a miña….”.

CORUÑA

Cidade galega, localizada na beira do oceano Atlántico, con cerca de 246.200 habitantes.

A cidade estendeuse a partir da construción na restinga formada entre a illa onde hoxe asenta a Torre de Hércules, o farol en funcionamento máis antigo do mundo, e o continente. A parte máis antiga da cidade alicérzase sobre un castro.

As invasións normandas provocan un esmorecemento da cidade a partir do século IV, facendo con que a populación do entón chamado Burgo do Faro se deslocase para o interior da ría.

Ao longo do século IX prodúcense varios ataques viquingues á cidade, entón coñecida como Faro ou Faro Bregancio. É por isto que, no final do séc. X, o rei galego Bermudo II inicia a construción dos elementos defensivos costeiros. Nesa altura é que se sitúan os primeiros vestixios da presenza xudaica a teor das lápides hebraicas encontradas nas redondezas da primitiva cidade.

En 1208 o rei galego Afonso VIII refunda a cidade sob o nome de Crunia como porto de reguengo, co privilexio de desembarcar e vender sal libre de taxacións. Doravante prodúcese un período de desenvolvimento mercante e pesqueiro facendo con que a cidade alastre polo tombo da península. Apesar dos achados, a tradición é a que estabelece a chegada dos Xudeus no momento da (re)fundación da cidade.

Cando en 1369 o rei D. Fernando I de Portugal invade a Galiza, é aclamado Rei na cidade da Coruña. No breve tempo que tivo de reinado en Portugaliza, realizou disposicións en materia monetaria para o que mandou fazer moeda de seus sinais d´ouro e prata, asii (…) na Crunha e em Tuy, testemuñando as Cortes de Lisboa de 1371 a validez das moedas indistintamente no reino da Galiza como no de Portugal.

Despois da invasión castellana da Galiza en 1483, os reis católicos instalan na Coruña a Real Audiencia do Reino da Galiza, abandonando Compostela, sendo designada capital do Reino da Galiza en 1563.

Salvo as referidas lápides semitas, os primeiros documentos existentes da presenza xudaica na Coruña datan de 1375, co acta de nascimento de Samuel, fillo de David Mordechai.

A Xudiaría da Coruña foi crescendo rapidamente ao longo dos séculos XIII, XIV e XV, chegando a ser unha das máis prósperas e ricas, a de maior actividade cultural de todo o norte de Sefarad. Algúns historiadores achan que o descolamento da alfama estivo motivado pola chegada de dúas vagas de Xudeus: os Xudeus ingleses expulsos en 1290 por Henrique I e os Xudeus franceses expulsos por Filipe IV en 1306. Igualmente, é posíbel que ao porto da Coruña tivese chegado un grande número de Xudeus fuxindo das perseguicións antisemitas de Castela.
En función dos tributos pagos polos Xudeus da Coruña pódese assegurar que se trataba da segunda Xudiaría máis grande da Galiza.

A actividade principal dos Xudeus da Coruña era a arreacadación de tributos, o empréstimo e os oficios como alfaiates, xoalleiros, teceláns,… mais acima de todo foi o porto da cidade o que fixo con que prosperase a comunidade hebraica, grazas ao comercio que este mantiña coa África, Europa e o Mediterráneo. Sábese que no ano 1384 o xudeu David era un dos maiores exportadores da cidade e que posuía unha “nave grande e ben fornecida” que exportaba peixe para o Mediterráneo. Os Xudeus coruñeses tamén comerciaban cos reinos de Castela e Aragón e que en 1451 contribuiron cunha elevada cantidade para o resgate da Xudiaría de Múrcia.

Áreas de ámbito xudaico da Coruña. Eva L. Parguiña
Áreas de ámbito xudaico da Coruña. Eva L. Parguiña

Na Coruña coñécese a existencia de dúas Xudiarias, unha localizada intramuros e outra extramuros, non podendo determinarse com exactidón, todavía, se as dúas coexistiron no mesmo espazo e tempo.

Localización da Xudiaría intramuros da Coruña. GoogleEarth
Localización da Xudiaría intramuros da Coruña. GoogleEarth

Relativamente á localización da Xudiaría de intramuros da Coruña, esta situábase na actual Rúa Sinagoga, abranxendo tamén as Rúas Sapataría, Cortaduria e Ferrarías.

Arruamentos da Xudaría da Coruña. GoogleMaps
Arruamentos da Xudaría da Coruña. GoogleMaps

Rúa da Sinagoga

Rúa da Sinagoga, na Xudaría da Coruña. Foto: Eva L. Parguinha
Rúa da Sinagoga, na Xudaría da Coruña. Foto: Eva L. Parguinha
Foto: Eva L. Parguiña
Foto: Eva L. Parguiña
Foto: Eva L. Parguiña
Foto: Eva L. Parguiña
Foto: Eva L. Parguiña
Foto: Eva L. Parguiña
Pasadizo na Rúa das Ferrarías, visto da R. da Sinagoga. Xudaría da Coruña. GoogleEarth
Pasadizo na Rúa das Ferrarías, visto da R. da Sinagoga. Xudaría da Coruña. GoogleEarth

Rúa das Ferrarías

R. da Sinagoga (á esquerada) e R. das Ferrarías (defrente). Xudaría da Coruña. GoogleEarth
R. da Sinagoga (á esquerada) e R. das Ferrarías (defrente). Xudaría da Coruña. GoogleEarth
Interior do pasadizo na Ruela de S. Bento/Rúa das Ferrarías na Xudaría da Coruña.GoogleEarth
Interior do pasadizo na Ruela de S. Bento/Rúa das Ferrarías na Xudaría da Coruña.GoogleEarth
Rúa das Ferrarías na Xudaría da Coruña. GoogleEarth
Rúa das Ferrarías na Xudaría da Coruña. GoogleEarth

Rúa da Sapataría

Rúa da Sapataría na Xudaría da Coruña. GoogleEarth
Rúa da Sapataría na Xudaría da Coruña. GoogleEarth

Rúa Curtidoria

R. da Curtiduría na Xudaría da Coruña. GoogleEarth
R. da Curtiduría na Xudaría da Coruña. GoogleEarth
R. de Santa María vista da R. da Curtidoria na Xudaría da Coruña. GoogleEarth
R. de Santa María vista da R. da Curtidoria na Xudaría da Coruña. GoogleEarth

Sinagoga da Coruña

Segundo a tradición popular é nesta Xudiaría que estaría localizada a sinagoga, no nº4 da Rúa da Sinagoga, ben como a existencia dun pasadizo que ligaba o templo xudaico coa igrexa de Santa María. Da sinagoga da Coruña mal resta unha cisterna, aberta na pena e cun manancial de agua.

Nº4 da Rúa da Sinagoga da Coruña. GoogleEarth
Nº4 da Rúa da Sinagoga da Coruña. GoogleEarth

sinagoga_corunha2

Predio da sinagoga da Coruña. Foto: Eva L. Parguiña
Predio da sinagoga da Coruña. Foto: Eva L. Parguiña

A Xudiaría extramuros da Coruña estaría localizada na zona da Rabiada ou Larrabiada, no antigo bairro de Santa Lucía (coñecido actualmente como da Falperra).

Xudaría extramuros da Coruña
Xudaría extramuros da Coruña

Cemitério xudaico da Coruña

Moito perto deste ponto achábase o fosser ou cemiterio xudaico, a zona coñecida na actualidade como d’A Palloza, frente a un illeu chamado Pena dos Xudeus, desaparecido durante o alargamento do porto pesqueiro e onde agora se acha a Fábrica dos Tabacos. Nesas obras de alargamento, realizadas en 1869, encontráronse os restos do cemiterio xudaico, destacando tres lápides en bon estado de conservación, con inscricións en hebraico. As lápides áchanse hoxe no Museu Sefardita de Toledo, no que é un espólio cultural dun patrimonio que pertence ao pobo galego. Aliás, ao realizar unhas obras de desentullo nas proximidades do porto da Palhoza, en 1978 apareceron restos humanos que poderian indicar que esta foi a localización dese cemiterio xudaico.

De resto, existe a hipótese de que na Coruña existiu unha outra xudiaria de menor tamaño na Rúa Nova, xa que as ruas con ese nome costumaban acoller as xudiarías galegas. Porén, na actualidade apenas se pode afirmar con certeza a existencia das dúas anteditas xudiarías.

Descoñécese se os Xudeus habitaron espallados por toda a cidade e foron separados para esa zona despois de 1480, como no caso das xudiarias de Ourense, ou se desde o inicio moraron agrupados por volta dunha rúa como no caso de Ribadavia. Porén, unha carta foral de 1494 permite localizar a xudiaría da Coruña dentro da cidade vella, moito perto da actual Porta dos Ares: «… para que por nos e en nonbre del cabildo de la dicha yglesia posays partyr y faser partilla con Vasco Moro, notario, vecino de la dicha cibdad que esta presente, de una casa que es syta acerca de la porta dos Sares acerca de donde solia ser juderia que es en la colacion de la dicha yglesia…»”.

Relativamente ao aspecto do bairro xudeu da Coruña, este sería, ao igual que o doutras zonas da cidade, o dun arruamento de terra sen pavimentar, operación que non se implementaría na cidade até o século XVI.

Biblia Kennicott

A Xudiaría da Coruña posuía unha grande riqueza e cultura no século XV, pouco antes da súa desaparición. Así sendo, ligada á tradición xudaica da cidade está a chamada Bíblia Kennicott, redixida en hebraico na cidade no ano 1476. Obra de Moisés Ibn Zabara para o xudeu portugués José de Braga, é considerada como un dos máis importantes manuscritos hebraicos iluminados que existen, unha obra prima da arte sefardita medieval. Na actualidade esta obra gárdase na Biblioteca da Universidade de Oxónia, Inglaterra.

kennicott_bíblia
A realización na Coruña da Bíblia Kennicot coloca un grande problema histórico. Por un lado, algúns historiadores afirman que esta obra foi realizada por unha Escola de Iluminados Hebraicos, que era das máis prestixiadas da Europa e que estaría en contacto con outras escolas europeas, sendo criación destes iluminados xudeus as versións galegas das obras “Grande et General Estória” de Afonso X e da “Crónica Troiana”. Por outro lado, outros estudosos afirman que nunca existiu esa escola e que a Bíblia Kennicott é unha simples reprodución da Bíblia Cervera.

biblia

Chegado o momento da expulsión de 1492, a comunidade xudaica da Coruña que non se converteu, ben como os Xudeus vindos doutros lugares da Galiza e Castela, utilizaron os cais do porto da Coruña para fuxir para a África. En 1493 un ourivre coruñés chamado Isaque foi denunciado por ter abandonado o país rumo para África con dous milóns de maravedis en moedas e alfaias.

CALDAS DE REIS

Vila galega,situada no val do río Úmia, no ponto en que ten orixe o Val do Salnés, con cerca de 10.100 habitantes.

A vila de Caldas denominouse “de Reis” porque ali nasceu en 1105 Afonso VII da Galécia-León, fillo de Dona Urraca I e Reimundo de Borgoña, conde da Galiza, e primo de Afonso Henriques. En 1111 Afonso foi coroado Rei da Galiza polo bispo Diogo Gelmires e por Pedro Froilaz de Trava, conde de Trava, na catedral de Compostela. Apesar de crianza na altura, esta foi a forma de Dona Urraca para asegurar a sucesión do fillo. Posteriormente, en 1126 reinou en Galécia-León e Castela (a partir de 1127).

No ano 1391 documéntase a presenza dunha comunidade hebraica en Caldas de Reis. Trátase dun traslado de testamento, no que figura, como testemuña “Rui Fernandes dito Judeu, Johán Filhos, sapateiro, moradores na dita vila de Caldas”.

PONTEVEDRA

Do latín pontem veteram (Ponte Velha), Pontevedra é unha cidade galega con cerca de 82.700 habitantes situada na beira do Río Lerez e da Ría homónima.

A teor do foral concedido durante o reinado de Fernando II (1157-88), asistiuse a unha reactivación da actividade comercial, restaurándose camiños e pontes, repoboándose de novo o local hoxe ocupado pola cidade, despois de se ter asistido a un certo abandono na Alta Idade Media. Entre as concesións destacan o monopolio do fabrico do saín (gordura obtida ao prensar algúns peixes) na Galiza e da cura do peixe (non da salga) en 1229, ben como a adxudicación do porto de carga e descarga da Galiza en 1452.

Existe constancia da presenza xudaica na cidade de Pontevedra desde, no mínimo, 1304. Así figura no documento de venda duns terrenos ao prior de Santo Domingos de Pontevedra, no que se refere a presenza dun guardián ou custodio da Sinagoga da vila. Para que houbese unha sinagoga de raíz en Pontevedra nos inicios do século XIV, tiña de habitar un número de dez familias, polo que é moito probábel que a presenza xudaica na cidade se remontase a meados do século XIII.

A Xudiaria de Pontevedra posuía sinagoga e fossar (cemiterio judaico) polo que cabe pensar que o seu tamaño e importancia debeu de ter sido considerábel no seu momento de esplendor. Hai que levar en conta que durante a Idade Media a cidade pontevedresa era un importante centro comercial.

Localización da Xudaría de Pontevedra. GoogleEarth
Localización da Xudaría de Pontevedra. GoogleEarth

A localización da Xudiaria de Pontevedra estaba entre o actual Parador de Turismo (casa do Barón) e a Igrexa de Santa María, abranxendo as rúas Alta, da Amargura, Pratarías Vellas e Tristán de Montenegro.

Rúas de ámbito xudaico de Pontevedra. GoogleMaps
Rúas de ámbito xudaico de Pontevedra. GoogleMaps

Rua Alta

GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps

Rúa da Amargura

GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps

Rua Pratarías Vellas

GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps

Rua Tristám Montenegro

GoogleMaps
GoogleMaps

Na praza de Santa María a Maior existe unha placa que conmemora que nese local estaba o antigo cemiterio xudeu, coñecido como Lampán ou Campas dos Xudeus. As duas lápides xudaicas (parcialmente cortadas) foron encontradas por acaso no laxeado dunha casa de inicios do século XIX na Rúa Dona Tereixa.

Campa dos Xudeus de Pontevedra
Campa dos Xudeus de Pontevedra
Planta medieval de Pontevedra
Planta medieval de Pontevedra

Relativamente á situación dese cemitério existen dúas hipóteses. Por un lado, aquela que o sitúa fronteiro á fortaleza arcebispal e, por outro, a que o sitúa extramuros e afastado do casarío habitado. Unha fonte documental en favor da primeira tese sería o libro de Actas municipais de 1573, onde se recolle un foral “de un pedazo de suelo, que está en donde dizen las campanas dos judeos, junto a la fortaleza desta villa”.

Placa cnomemorativa no local do cemiterio xudaico medieval. Foto: Don Filiberto
Placa cnomemorativa no local do cemiterio xudaico medieval. Foto: Don Filiberto
Lampán dos Xudeus de Pontevedra. Panoramio
Lampán dos Xudeus de Pontevedra. Panoramio

A partir de 1560 fíxase en Pontevedra unha comunidade de cristiáns-novos vindos de Braga e Barcelos. Tratábase dun grupo activo de profisionais altamente cualificados, entre os cais, médicos, advogados e, mormente, mercadores. Entre os recén chegados figuran apelidos Pereira, Saraiva, Dinis, Chaves, Coronel, Nunes, Blandom, tamén presentes en Vigo, Redondela, Tui, Baiona ou Ribadavia.
A partir de 1604 a Inquisición impulsiona unha rusga en toda a Galiza contra o criptojudaismo, caindo o seu peso sobre os cristiáns-novos de Pontevedra en 1619.

O ascenso social dos cristiáns-novos de Pontvedra ben como o seu enriquecimento ao abrigo da súas actividades comerciais, suscita as desconfianzas dunha decadente oligarquía local, que se achaba co monopólio do poder político (rexedorías municipais). Altamente endividados, os cristiáns-vellos víronse forzados a vender priviléxios, que son asumidos pola nova clase comercial. Nesa altura esas camadas tradicionais, temendo perder de vez os seus privilexios de liñaxe, mobilizan a Inquisición para trabar o ascenso social dos cristiáns-novos, exixindo limpeza de sangue. Porén, os seus pedidos baten coa resistencia da coroa, non podendo os inquisidores intervir contra os criptoxudeus. Unha real cédula de 1623 reabilita os condenados pontevedreses, permitindo a Marcial Saraiva Pereira exercer como rexedor.

Os conversos teimaron na luita polo ascenso social, aproveitando a transixencia do goberno do Conde-Duque de Olivares, de triste memoria noutros acontecimentos. De facto, Ventura Dinis chegará a ser un dos máis importantes banqueiros do rei, sendo honrado co título de Marqués de Olivares. El irá subornar a Inquisición para remover os infames “sambenitos” da igrexa de S. Bartolomeu.

Os referidos “sambenitos” eran un arma usada polo Santo Oficio para o escarnio público dos conversos. Nas igrexas das que eran fregueses, os pentenciados pola Inquisiçom colocábase unha sorte de cartazes, os “sambenitos”, nos que figuraba o nome do réu, ficando a súa familia incapacitada para o exercicio de calquer un cargo público. No caso de Pontevedra era a igrexa de S. Bartolomeu o ponto escollido pola vella fidalguia para facer escarnio público dos cristiáns-novos.

Perante a falta de apoio da coroa o mesmo Concello reaxe com medidas pontuais, entre as cais, denunciar as aspiracións sociais dos cristiáns-novos mostrando as suas orixes ou condenas pasadas. Así sendo, nunha data imprecisa da primeira metade do século XVII as autoridades locais deciden instalar un cruceiro sobre o local do antigo cemiterio xudaico co intuito de “limpar” o local. Posteriormente, co triunfo das correntes liberais en meados do século XIX, ese cruceiro sería removido do Lampán dos Xudeus, colocándose no Campelo de Santa María, onde actualmente se conserva.

Campelo de Santa María co cruceiro noutrora colocado do cemiterio xudaico. Panoramio
Campelo de Santa María co cruceiro noutrora colocado do cemiterio xudaico. Panoramio
Cruceiro coa igrexa de Santa María ao fundo. GoogleMaps
Cruceiro coa igrexa de Santa María ao fundo. GoogleMaps

Como no caso de Monterrei, a documentación sobre a presenza xudia é moito fraca. Porén, a existencia de dúas laudas sepulcrais e, posibelmente, dun cemiterio, ao que hai que acrescentar as referencias a varios Xudeus vivendo na cidade son elementos suficientes para afirmar a existencia dunha comunidade xudaica. Varios historiadores galegos mesmo defenden a tese de que a orixe de Cristovao Colombo, o “descobridor” da América, estaría en Pontevedra. Segundo esta hipótese, esta seria a súa terra de orixe xa que habían na Galiza varios xudeus galegos co nome de Colon, a maior ocorrencia dese apelido na cidade de Pontevedra e o feito de a toponimia de localidades das Antillas posuir nomes parecidos cos de poboacións e elementos xeográficos da ría de Pontevedra.

Nunha carta da pianista xudía Marta Lehman de inicios do século XX, descrébese a Judiaria de Pontevedra como unha das mellores conservadas da Europa. Porén, na actualidade pouco fica daquele importante bairro xudeu.

VEIGA DE VALCARCE

Vila da rexión do Berzo ocidental (galego) á beira do río Valcarce, con cerca de 740 habitantes.

A historia da Veiga está ligada á Galiza e ao Camiño de Santiago. Como o resto do Berzo ocidental, este município estivo integrado na vida política, social e cultural galega até 1486, altura en que foi transferida polos reis católicos para maos castellano-leonesas.

O asentamento de Xudeus na Veiga de Valcarce produciuse ao abrigo da rota francesa do Camiño de Santiago que atravesa a vila. Trátase dunha pequena alfama de asentamento seródio. Non existe calquer documento sobre os seus membros nen sobre a súa localización.

Apesar de séculos de imposicións, o município da Veiga de Valcarce ainda é considerado galegofalante.

CELANOVA

Vila galega pertencente á rexión de Terra de Celanova situada en conexión con Portugal, con cerca de 6000 habitantes.

Celanova albergou o mosteiro máis poderoso da Galiza: o Mosteiro de S. Salvador, fundado por San Rosendo en 939, cuxos dominios se estendían pola Alta Lima, Monterrei e o Ribeiro. Este mosteiro tornaríase nunha peza chave no desenvolvemento histórico e cultural da Galécia.

Porén, existe constancia da existencia de Xudeus a viver alí desde data moito cedo. O Tombo de Cela Nova recolle a presenza dun personaxe xudaico chamado Abraán, que actuou como testemuña en varias doazóns ao mosteiro de S. Rosendo no século X. Tamén está demonstrado que a comunidade xudaica de Celanova mantiña relacións comerciais coa Xudiaría de Coimbra.
A diferenza doutras xudiarías galegas, a escasa documentación sobre a súa localización impede coñecer a localización precisa do bairro xudeu de Celanova, sendo necesario o estabelecemento de diferentes hipóteses relativas aos arruamentos.
Localización da Xudaría de Cela Nova. GoogleEarth
Localización da Xudaría de Cela Nova. GoogleEarth
En primeiro lugar, constatando que os dous eixos principais a partir dos que surxiu Celanova se achan ás portas do Mosteiro, estabelécese a hipótese de que o barrio xudeu de Celanova se encontrar nos arrabaldes.
CAEIRO
CAEIRO
Principal vía de acceso á Xudaría de Celanova a partir da Estrada de Ourense. GoogleMaps
Principal vía de acceso á Xudaría de Celanova a partir da Estrada de Ourense. GoogleMaps
Acceso á Xudaría de Celanova desde a Estrada de Mourillos. CAEIRO
Acceso á Xudaría de Celanova desde a Estrada de Mourillos. CAEIRO
En segundo lugar, dado que a Rúa Nova de Celanova se acha fora do ámbito do Mosteiro e das dúas vías de crescemento da vila é probábel que esta fose a zona de asentamento da Xudaría de Celanova.
CAEIRO
CAEIRO
Casario da Xudiaría de Celanova. GoogleMaps
Casario da Xudiaría de Celanova. GoogleMaps
Na Rúa Nova de Celanova as casas son de pequeno tamaño, constan de soto e unha altura. Actualmente están rodeadas por predios de nova construción.
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
GoogleMaps
GoogleMaps
CAEIRO
CAEIRO
GoogleMaps
GoogleMaps
CAEIRO
CAEIRO
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
CAEIRO
CAEIRO
De resto, nalgunhas casas de Celanova pódense ver cruciformes de conversos, indicativo de que viviron Xudeus que se converteran ao cristianismo. Para que non os perseguise a Inquisición marcaban a súa casa cunha cruz (cruciforme), símbolo do seu orgullo de seren cristiáns-novos.
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO

FERROL

Cidade galega localizada na Ria de Ferrol na beira do Oceano Atlántico, con cerca de 72.000 habitantes. A súa área metropolitana, con aproximadamente de 210.000 habitantes, é chamada de Trasancos ou de Ferrolterra.

Na Idade Media a vila de Ferrol tivo algúns privilexios e forais até que, como o caso de Pontedeume ou Betanzos, pasou a pertencer xurisdicionalmente á Casa de Andrade.

A existencia dunha comunidade xudia en Ferrol consta nun documento de 1493. Trátase dun requirimento realizado polos reis católicos no que solicitan que se pesquise sobre o ouro, prata e pérolas que os xudeus sacaran da Galiza logo do édito de expulsión de 1492.

Neste documento recóllese a procedencia dos Xudeus que utilizaran o porto da Coruña como vía de fuxida: “… levaram outros judeus da dita Vilafranca e de Ferrol e de Ponte d’Eume”.

No entanto, lamentabelmente, non existe constancia da localización da Xudaría de Ferrol.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑