Con cerca de 5.500 habitantes, a vila de Ribadavia é o centro económico e administrativo da rexión do Ribeiro. Está atravesada polo rio Avia, pouco antes da súa desembocadura no río Minho, entre as montañas da Serra do Faro e a do Suído.

Vila de Ribadavia, na beira do rio Avia
Vila de Ribadavia, na beira do rio Avia

Ribadavia surxe como núcleo relevante de populación no século XI, sendo capital do Reino da Galiza durante o reinado de Don Garcia (1065-71). A chegada da Corte galega produciu un efeito imediato de expansión da vila, constituíndo o seu núcleo. O asentamento real e a sua situación estratéxica atraiu unha considerábel cantidade de xudeus, atraídos polas posibilidades de negocio. A importancia do Reino da Galiza era grande na época, cunhas fronteiras que se estendían alén do Douro, e mesmo con poder de vasalaxe sobre o reino musulmano de Badajoz.

No século XII prodúcese un crescemento demográfico e económico ligado á comercialización do viño do Ribeiro e coa fundación dos grandes mosteiros de San Clodio, Melón e Oseira e grazas ao foral de 1164, concedido polo rei Fernando II.

En 1375, por concesión de Henrique II de Trás-Tamara, inicíase o señorio de Ribadávia, tornándose en sede do Adiantado Maior do Reino da Galiza (unha especie de vice-rei). No alto da cidade áchase o castelo dos Sarmento, señores da vila, do que se conservan algunhas ruínas.

A capital do Ribeiro estibo amurallada, tal como testemuñan aínda restos de panos e algunhas portas que se conservan, como a Porta Nova, a Porta da Vila de Arriba e o postigo Porta Falsa, que afortunadamente safaron da derruba iniciada iniciada en 1832 e que se parou por causa das dificuldades económicas.

Panos remanescentes da muralla de Ribadavia
Panos remanescentes da muralla de Ribadavia. CAEIRO

Na altura da creación do señorío xa contaba cunha comunidade xudaica, cuxa primeira e máis coñecida referencia, non da xudiaría mais da presenza xudaica, é a Crónica de Froissart, escrita nos finais do século XIV, que resalta a importancia que tiveron os xudeus de Ribadavia e o alto prezo en vidas que pagaron pola resistencia que ofereceron, xunto co resto de habitantes, face o ataque en 1386 das tropas inglesas do Duque de Lencastre, que asaltou a cidade nunha das guerras de liberación da Galiza.

Com posterioridade a esta crónica os dados sobre a comunidade xudaica de Ribadavia redúcense ás cantidades pagas en conceito de taxacións específicas que a populación xudaica debía pagar á Coroa e algunhas outras noticias sobre algunha das personaxes que alá viveron.

Pola documentaçom existente, sábese que o número de familias hebraicas en Ribadavia situouse por volta das trece en 1464; sete entre 1472-74; once en 1749 e catro en 1482. A estes dados habería que acrecentar as persoas non suxeitas a tributación. Na altura do século XV a comunidade xudaica de Ribadavia era semellante á maioría das existentes na Galiza.

Em 1476 os reis católicos ascenden à casa dos Sarmento para Condado en recoñecemento polo labor de Bernardino Peres Sarmento na reconquista. Moitos xudeus encargábanse entón da xestión dos asuntos financeiros do señorío e posteriormente do Condado de Ribadavia, especializándose na administración de bens e rendas e no artesanato. Tamén destacaron como mercadores de vinho.

A documentación existente dos séculos XVI, XVII e XVIII é suficientemente explícita para permitir localizar a xudiaría de Ribadavia. Trátase de documentos referidos a foros, unha especie de contratos de arrendamento a longo prazo, ou ás vendas de casas propriedade do mosteiro de Santo Domingo. Eses documentos son respectantes á localización de diferentes predios “na rua da xudiaría”.

Esa xudiaría de Ribadavia localizábase entre a Praza Maior e a muralla medieval. Porén, nen todos os estudiosos concordan na súa extensión. Segundo Leopoldo Meruéndano e Benito Fernández Alonso os xudeus habitaban entre a Porta Nova de Abaixo e a de Arriba, co paseo correspondente da Madalena, para alén dunha zona exterior no bairro dos Ferreiros e da Corredoira. José Luis Lacave sitúa a xudiaría de Ribadavia na actual rúa de Merelles Caula mais, segundo a obra de Meruéndano, estende o bairro xudeu “ao espazo que existe entre a Madalena, a muralla e as ruinas do castelo, isto é, ás rúas Porta Nova de Arriba, Porta Nova de Abaixo e Travesa da Porta Nova”. Esta delimitación non é compartillada por Samuel Elján, quen admite que a presenza xudaica en Ribadavia non era tan grande como para habitar en case metade da superfície da vila.

Zonas de ámbito xudaico de Ribadavia
Zonas de ámbito xudaico de Ribadavia

Seja como for, o bairro xudeu recoñecido polo Concello de Ribadávia (en roxo) é o que abranxe a Rúa Merelles Caula/Xudería, Praza da Madalena, Rúa da Porta Nova de Arriba, Rua da Porta Nova de Abaixo, Travesa da Porta Nova e Praza de Buxám.

Os arruamentos xudaicos de Ribadavia en cor cinza
Os arruamentos xudaicos de Ribadavia en cor cinza
A xudiaría de Ribadavia. GoogleEarth
A xudiaría de Ribadavia. GoogleEarth

Do bairro xudeu de Ribadavia aínda persiste o trazado medieval das súas longas e estreitas ruas, os seus cantos de rúas e prazas, porticadas polas sacadas, e patios rodeados de fachadas. Como unha continuidade dos predios, quer polas rúas, quer polas arcadas, a pedra é o elemento presente nesta xudiaría. Os mercados xudeus localizábanse nos sotos das casas, evitando destarte a entrada do sol para comodidade dos clientes e para preservar os alimentos. As varandas proxéctanse para a rúa en proeminentes saliencias para protexer os sotos da chuva; de resto, colocaban diante das súas proprias portas laxeados a xeito de plataformas, elevadas uns centímetros por sobre o nível da vía a fin de evitar que a humidade do solo penetrase nas loxas.

Rúa da Xudiaría

PLACA_R_JUDIARIA

O eixo principal do bairro xudeu de Ribadavia situábase por volta da Rúa da Xudiaría (hoxe rúa de Merelles de Caula), que liga a Praza Maior coa praza da Madalena. Ese foi o nome da rúa até o século XVII, pois posteriormente foi mudado polo de Rúa da Cruz. Porén, na documentación, até entrado o século XIX, cando se cita a Rúa da Cruz sempre aparece a antiga denominación de Rúa da Xudiaría, o que permite supor que a rúa sería máis coñecida popularmente por ese segundo nome que polo primeiro. Na actualidade conserva o mesmo trazado e recuperou o nome tradicional xuntamente co de Merelles Caula.

O laxeado da rúa e a proeminência das pedras nas casas contribúen para lle dar ao seu percorrido unha forte fasquía medieval.

CAEIRO
CAEIRO.

Nesta rúa existen loxas de artesanato en cujas montras destacan diferentes elementos ornamentais xudaicos.

CAEIRO
CAEIRO

Porta Nova

Arco situado no limite sul da Xudiaría e que permite o acceso desde a vila até o rio Miño. Na súa aresta direita pódese constatar a existencia dunhas concavidades iguais ás existentes na porta da muralla de Melgaço.

CAEIRO
CAEIRO

Desde o arco da Porta Nova dúas rúas penetram na Xudiaría: a Rúa da Porta Nova de Arriba e a Rúa da Porta Nova de Abaixo.

Predio no entroncamento da R. da Porta Nova de Arriba (esq) e Porta Nova de Abaixo (dt) Eva L. Parguiña
Predio no entroncamento da R. da Porta Nova de Arriba (esq) e Porta Nova de Abaixo (dt)
Eva L. Parguiña

Rúa da Porta Nova de Arriba

Dentro da xudiaría de Ribadavia, na Rúa da Porta Nova de Arriba, aínda existe unha casa do século XV e unha porta da fachada doutra da mesma época. Ambas as portas son de arcos de meio ponto realizados con grandes dovelas e na súa ombreira direita posúen as concavidades características de casas de cristiáns-novos.

CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO

Prédio no nº20, a única habitación que conserva o patio interior característico das casas xudaicas e que ligaba todas.

Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña

Rúa da Porta Nova de Abaixo

Rúa da xudiaría que discorre paralela á muralla pola súa face interna.

CAEIRO
CAEIRO

A casa do número 27 da mostra unha estrela de David, con varandada de madeira.

Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña

Travesa da Porta Nova

Vía de ligazón entre a Rúa da Porta Nova de Arriba e a de Abaixo. Unha placa lembra o local de nascemento da soprano Ángeles Gulin (1939-2002) particularmente ligada á interpretación das obras de xuventude de G. Verdi.

CAEIRO
CAEIRO

Porta Falsa

CAEIRO
CAEIRO

Porta Falsa vista de dentro da Judiaria. Na dt. a Pr. de Buxàm.

CAEIRO
CAEIRO

Extramuros

Rúa que discorre paralela á face exterior da muralha envolvente da xudiaría.

CAEIRO
CAEIRO

A Sinagoga

No número 7 da Praza da Madalena áchase o predio que puido ter abrigado a Sinagoga de Ribadavia.

Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña

No interior do atual predio e por tras da súa fachada do século XVI encóntranse uns muros dos sécs. XII-XIII con arcadas e contrafortes románicos. Segundo o historiador Xosé Ramón Estévez Pérez o capitel deste predio está ligado ao mundo xudaico, xa que a existencia de catro piñas nos laterais lembrarían as colunas de Salomón, a margarida formando unha estrela e os acantos de sete brazos como os candelabros xudaicos.

Capitel pertencente ao predio onde se acha estivo a Sinagoga. Eva L. Parguiña
Capitel pertencente ao predio onde se acha estivo a Sinagoga.
Eva L. Parguiña

Alén disto, encontrouse unha cisterna no primeiro andar destinado a apañar a agua da chuva e que posteriormente cai até a gárgola que podería ter sido utilizada nos baños rituais xudaicos.

A seguinte imaxe mostra a porta de acceso ao patio na zona posterior da parcela na que se acha que foi o pátio de reuniões da sinagoga (nº3 da Travessa da Porta Nova). Cabe referir a semelhanza coa porta da posíbel sinagoga de Monforte de Lemos.

Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña

Tamén existe a hipótese da existencia dun túnel que ligaría esta parcela co río e que podería ter sido utilizado polos xudeus para escapar das perseguizóns. A localización da parcela permite tamén a colocacion dunha sala de oración orientada para o leste e coas dimensións acaídas para os rituais xudaicos.

Despois do édito de expulsión, moitos dos xudeus que moraban en Ribadávia convertéronse ao cristianismo para poder conservar os seus bens, alén de seren considerados cidadáns de pleno direito. Algúns mantiveram o culto xudaico em secreto, sendo mostra da represión desdobrada contra eles o famoso Processo de El Malsín en 1606-10, encadrado nas varias ocasións que Ribadavia foi obxecto de actividade da Inquisición contra practicantes en secreto do xudaísmo.

Outros que non renunciaron á súa relixión assentáronse provisoriamente em Portugal, regresando a Ribadavia cando as perseguizóns recuaron, mais fuxindo periodicamente para Portugal durante os períodos en que os representantes da inquisición realizaban as súas inspeccións pola rexión do Ribeiro.

Prédio onde sediou a Inquisiçom de Ribadávia. Eva L. Parguiña
Prédio onde sediou a Inquisiçom de Ribadávia. Eva L. Parguiña

Para alén de Portugal, a fin de safar do Santo Ofício outros membros da Xudiaría de Ribadavia asentáronse en zonas afastadas da Serra do Suído (dando orixe á comunidade xudaica da Graña, Covelo) ou nos vales dos ríos Avia e Arenteiro.

Tanto cristiáns como xudeus contribuiron para a puxanza económica do Ribeiro, que chegou ao seu nível mais alto nos séculos XV e XVII, sempre tomando como base a comercialización do vinho, do cal a xudiaría foi máis proprietária do que cultivadora directa. Alén de mercadores, os xudeus exerceron oficios no artesanato, entre os cales os de sapateiro, alfaiate, ferreiro, tallo, ourives,…

Para reivindicar o pasado xudeu, desde 1989 celébrase en Ribadavia a Festa da Istória, coas persoas vestidas de época. Esta celebración xa aparece citada en documentos do século XVIII, mais en 1868 deixou de se celebrar.

Advertisements