Cidade galega, capital da rexión da Ribeira Sacra, situada á beira do río Cabe e cunha poboacion de cerca de 19.700 habitantes.

De grande importancia histórica, trátase dunha vila-fortaleza feudal, destacando o mosteiro e castelo que se achan no cimo dun outeiro do que aínda se conserva a súa torre da Omenaxe e algunhas ruínas. Por volta do castelo ergueuse un burgo, estando o conxunto circundado por murallas das que ainda restan algúns panos e portas, como a da Alcazaba/Peixarias, a Porta Nova ou a do Cárcere Vello/Sapatarías. A muralla isolaba a poboación dos ataques exteriores e, pola súa vez, mantiña o ferreño dominio condal sobre os vasalos.

O pasado hebraico da cidade está intimamente ligado á historia de Monforte. Descoñécese o momento certo en que os Xudeus se instalaron en Monforte de Lemos e apenas existe constancia documental da súa presenza a partir do século XV (as referencias máis antigas desta presenza remóntanse ao século X). Foi a partir da vaga antisemita castellana de 1392 que aumentou notabelmente a presenza xudia en Monforte, sendo tan importante a poboación xudaica que denominaban Xudeus a todos os habitantes da vila ou ao extremo de, en meados do século XV, os Xudeus de Monforte se deslocaren para outras vilas, constituindo xudiarias en Ares ou reforzando outras existentes como a de Betanzos.

Así sendo, a tradición popular fixo con que, en determinado momento, todos os viciños de Monforte fosem cualificados como rabudos, por extensión dos membros da súa Xudiaria, ou que aínda arestora se conserve memoria do ditado popular, especialmente entre os moradores da viciña vila de Sarria, relativo aos monfortinos: “Monforte de Lemos. Monforte dos demos. 500 viciños: 300 ladróns e o resto xudeos”.

Protexidos polos Condes de Lemos, os Xudeus de Monforte gozaron da liberdade e tutela señorial das xudiarías de Ribadavia, Ourense, Tui ou Pontevedra. Durante séculos os Xudeus exerceron o labor de tesoureiros do conde, asesores ou funcionarios, ben como os oficios tradicionais. Mais unha vez, vése a ligazón xudeus-señores feudais-mosteiro.

Como noutros casos, a poboación hebraica instalouse ao abrigo do castelo e mosteiro de S. Vicente do Pino, aloxando a súa xudiaria na encosta norte que sobe para o monte do castelo e o mosteiro.

A Xudiaría inicial de Monforte de Lemos estivo localizada na rúa Caleja (despois Rúa Nova e agora Rúa de Abelardo Baanante). Esta rúa surxe da igrexa paroquial de Santa Maria da Regua, ligando directamente coa Ponte Vella. Na súa parte alta mostra un interesante conxunto habitacional de construción popular que se levantaron sobre outras anteriores, que acollían familias hebraicas, como a de Isaque Chamiço en 1462.

Xudiaria Vella (Rua Calexa)

Escadaría na parte alta da Rúa Calexa. CAEIRO
Escadaría na parte alta da Rúa Calexa. CAEIRO
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Parte baixa da rúa, vista da Ponte Vella. CAEIRO
Parte baixa da rúa, vista da Ponte Vella. CAEIRO
Ponte Vella de Monforte. CAEIRO
Ponte Vella de Monforte. CAEIRO

Porén, os Xudeus de Monforte, a diferenza doutras xudiarías galego-portuguesas, non se viron obrigados a habitar un bairro determinado e encerrado, mais a súa presenza estendeuse por toda a vila, habitando nas chamadas “zonas de ámbito xudaico”, quer dicer, onde a poboación era maioritariamente hebraica, mais non segregada.

Localización das zonas de ámbito xudaico de Monforte. GoogleEarth
Localización das zonas de ámbito xudaico de Monforte. GoogleEarth

Sexa como for, a Xudiaría de Monforte de Lemos abranxía a Rúa da Falagueira, a Rúa Calexa (xa referida, actual Rúa Abelardo Baanante), Rúa Vella, Rúa Sapatarías (actual Travesa do Cárcere Vello), Rua Peixarías, a Praza do Azougue (actual Praza de Peixarías) ou as rúas dos Ferreiros (hoxe parte da Praza de España) e do Cardeal.

Arruamentos da Xudiaría de Monforte. GoogleMaps
Arruamentos da Xudiaría de Monforte. GoogleMaps

Rúa Falagueira

Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña

Esta rúa liga a Porta de Peixarías coa Porta Nova e constitúe o eixo principal do bairro xudeu e da cidade medieval.

Portade Peixarías no inicio da Rúa Falagueira
Porta de Peixarías no inicio da Rúa Falagueira
CAEIRO
Restos dunha edificación que permiten localizar en pé o trabuleiro da antiga oficina dun sapateiro: un amplo peitoril utilizado como montra para poder despachar do interior da habitación. CAEIRO

 

CAEIRO
CAEIRO

Predio do antigo Concelho de Monforte de Lemos até o seu deslocamento, no inicio do século XX, para a Rúa do Comercio.

CAEIRO
CAEIRO

As hortas foron ocupando o espazo das casas entre a rúa e a muralla, ficando en pé algunha das torres.

CAEIRO
CAEIRO

Casas reabilitadas no final da Rúa.

CAEIRO
CAEIRO

Porta Nova, vista de dentro da Rúa Falagueira.

CAEIRO
CAEIRO

Porta Nova, vista de fora (extramuros).

Rúa Sapatarías

CAEIRO
CAEIRO

Coñecida como Rúa do Cárcere Vello desde a segunda metade do séc. XIX en referencia á prisión do distrito xudicial de Monforte que lá houbo.

CAEIRO
CAEIRO

No mesmo predio do antigo cárcere apréciase o inicio dun arco pertencente á primitiva Porta da Sapataria (séculos XIII-XIV).

CAEIRO
CAEIRO

Rúa Vella

Rúa que liga a Sapataría coa Falagueira. Completamente abandonada, trátase dunha das máis antigas da cidade; de facto, xa recebía ese nome no século XII. Até o século XVI esta rúa tivo grande vitalidade, rexistrándose populación até o século XVIII. Nos documentos dos séculos XVII e XVIII xa se fala nela como unha rúa practicamente despoboada.

CAEIRO
CAEIRO

Rúa Peixarías

Esta rúa iníciase na Porta de Peixarías e percorre o adarve da muralla.

CAEIRO
CAEIRO
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Entroncamento coa R. Sapataría. GoogleMaps
Entroncamento coa R. Sapataría. GoogleMaps

Rúa dos Ferreiros

A parte alta da Praza de España estivo habitada na Idade Média por artesáns xudeus. Mui perto da praza, na rúa Doutor Teixeiro, habitou até hai pouco tempo un personaxe moito popular en Monforte, coñecido como “O Xudeu” que despachaba o seu pequeno negocio através dun destes trabuleiros repartidos por diferentes pontos da cidade.

CAEIRO
CAEIRO

Rúa do Cardeal

Tamén coñecida como Rúa dos Sedeiros, estaba ocupada na Idade Media por negocios desenvolvidos por Xudeus que se dedicaban ao comercio da prata, panos e sedaría.

CAEIRO
CAEIRO

Casa dos Gaibor

Ao pé da Porta da Peixaría, no inicio da R. Falagueira, encontrouse unha lápide sepulcral hebraica dedicada a Joán Gaibor e ao seu fillo Jorge. Trátase das casas da familia Gaibor, localizadas nos números 1 e 3 da R. Falagueira, un conxunto de dúas casas dos séculos XV-XVI cuxas fachadas se conservan en moito bon estado e unha delas ten unha das súas portas cun arco de meio ponto semellante aos doutras portas de casas desa mesma época de Ribadavia e Allariz. Ao lado desta existe unha outra porta de entrada de lintel reto e que ten unha concavidade na ombreira direita.

CAEIRO
CAEIRO

casas_gaibor

A Sinagoga de Monforte

Suspéitase que a Sinagoga de Monforte estivo localizada na Rua Falagueira. Este predio é identificábel pola cantaría das ombreiras e as pedras ben talladas do lintel do portón.

CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO

A sinagoga apenas conserva os muros e, ao fundo, lindando co monte de San Vicente, dentro do proprio solar dúas covas que, segundo os últimos dados e opinións especializadas poden corresponder ao mikvé ou local do baño ritual xudaico.

Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña

Trátase de dúas covas, unha delas cuns degraus para descer ao estanque e nela pódese ver un buraco na parte superior, labrado na rocha que permitía recoller a agua procedente do céu.

omenagem

A Torre da Omenaxe, localizada no conxunto monumental de S. Vicente, o principal elemento do castelo que se conserva, apresenta varias estrelas de Salomón (as cinco pontas que representam os cinco libros do Pentateuco ou cruz de Trasgo) na parte máis antiga da torre (séc. XIV).

Existen moitos documentos do século XV que avalizan o teor da presenza xudaica en Monforte, respectantes ao pagamento que as alfamas galegas fan á Coroa de Castela, e cuxa cuantía exprime a súa importancia e peso demográfico.

Despois da expulsión de 1492 a Rúa Falagueira foi rebatizada de Rúa da Cruz para varrer o rasto da presenza hebraica e cristianizar o ambiente. Embora Juan de Gaibor, secretario do terceiro Conde de Lemos, se converteu ao cristianismo para safar da expulsión, algúns dos membros da súa familia foron perseguidos segundo un documento da Inquisición de Santiago de 1580, sendo algúns deles executados. No entanto, Monforte iria viver o seu maior esplendor entre os séculos XVI e XVII como capital do Condado de Lemos.

Existen varias tradicións e lendas populares, aínda lembradas, sobre os Xudeus de Monforte. Entre as cais, a do Cristo dos Azoites e o Cristo da Colada, nas que se contan supostas heresías e vexames realizadas por Xudeus co imaxinario cristán, o milagre posterior do crucifixo e a consecuente punición para o xudeu. Na maioría dos casos, trátase de difamacións vindas da Inquisición a fin de xustificar a represión dos convertidos.

Tamén cabe destacar a historia do apelido “de Lemos”, xa que surprende o número de familias sefarditas portantes deste apelido desde o século XVI que se estenderon pola Europa e América. Todavía,  non se pode afirmar que todos eles procedan de Monforte, xa que moitos Xudeus adoptaban ese nome para procurar a proteción dos Condes de Lemos.

O Concello de Monforte promoveu un traballo de pesquisa sobre a comunidade xudaica e de conversos. Estes traballos significaron un importante paso na recuperación e difusión desta parte da historia local, como é a entrada de Monforte de Lemos na Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad en novembro de 2001.

cartaz_festa_judiaria

Alén disto, desde 2009, Monforte de Lemos celebra cada ano a súa Festa da Xudiaría na zona medieval da cidade, testemuñando deste xeito a pegada da presenza xudaica.

Advertisements