Vila galega na rexión das Mariñas con cerca de 13.500 habitantes.

A cidade vella de Betanzos asenta sobre un outeiro rodeado case por completo pola confluencia dos ríos Mandeo e Mendo, construída sobre o Castro de Unta. Esta situación é debida ao rei Afonso VIII, quen a deslocou para ali en detrimento de Betanços-o-Vello. A súa importancia e historia durante a Idade Média está ligada á poderosa familia Andrade e aos mosteiros das súas redondezas.

Betanzos foi capital dunha das sete provincias do Reino da Galiza, sendo fulcral o papel do porto na súa economía, navegábel nesa altura para embarcacións de cabotaxe, o que permitiu un comercio activo e a importación e exportación de produtos. Tivo unha significativa burguesía de profisionais artesáns e mercadores e unha comunidade xudaica documentada desde 1474.

Hoxe non se conservan habitacións desa época, salvo dúas casas góticas na Rua da Cerca, e mal fican de outrora algúns restos de muros en andares térreos de edificacións que foron alargadas sobre estes posteriormente, como é o caso de Allariz, polo que resultan escasos os testemuños materiais da presenza xudaica.

No entanto, podería estar ligada á presenza xudaica a Estrela de David gravada na entrada da Igrexa de Santa María do Azougue, e que dalgunha maneira puido ter servido de boas-vindas á igrexa dos conversos e de aliciante para se converteren os Xudeus moradores e aos comerciantes desta orixe que ían ao mercado (azougue) que se celebraba na praza ao pé da igrexa e que lle deu nome.

Hexagrama na igrexa de Sta. Mª do Azougue. CAEIRO
Hexagrama na igrexa de Sta. Mª do Azougue. CAEIRO

Outro indicio da presenza xudaica podería considerarse a estatua xacente, na igrexa-panteón de San Francisco, do doutor de Fernão Peres de Andrade, e que, pola súa barba, chapeu e roupa correspóndese coa imaxe do xudeu dessa época, quer doutor, quer mercador. En prol desta hipótese, defendida por Alfredo Erias, está que nesa altura a maioría dos médicos, físicos,… dos nobres e persoas abastadas eran xudeus debido á consideración que estes gozaban nesta profisión.

Sábese que a Xudiaría de Betanzos pertencía ao grupo fiscal da Coruña, xuntamente com Pontedeume e Ribadeu, tributando ao rei as catro xuntas.

Localización da Xudiaría de Betanzos. GoogleEarth
Localización da Xudiaría de Betanzos. GoogleEarth

A Xudiaria de Betanzos situábase no bairro denominado Cruz Verde e abranxía a Rúa Cruz Verde, Rúa dos Xudeus e a ruela/pasadizo que liga a R. Cruz Verde coa Estrada de Castela (estrada N-VI).

Arruamentos do barrio xudeu de Betanzos. GoogleEarth
Arruamentos do barrio xudeu de Betanzos. GoogleEarth

O máis característico deste bairro xudeu é a súa intencionalidade de pasar desapercebido para o resto da poboación. De facto, para penetrar nel é preciso entrar pola porta dun predio que do exterior aparenta ser unha casa. Na aresta do lado direito desta porta de acceso existe unha concavidade característica das existentes nas portas das murallas de Melgaço ou Ribadávia.

Rúa Cruz Verde

CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO

Nesta rúa existe un predio (imaxe de acima) que dá acesso, através dunha porta, a un pasadizo interior

CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO

Porta do Pasadizo Interior

CAEIRO
CAEIRO

A porta de acceso ao pasadizo da Xudiaría de Betanzos presenta unha concavidade polida na ombreira direita.

Esta porta comunica cun pasadizo interior de antigo trazado no que existen varias casas dentro, ben como un par de peañas nos muros que flanquean o camiño, semellantes ás existentes en tantas habitacións medievais situadas eb xudiarías, e que, posibelmente servían para sustentar o candeeiro da Hanucá.

Pasadizo interior

CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO

Este pasadizo liga a R. da Cruz Verde coa Estrada de Castela na Xudiaría de Betanzos. As imaxes mostran o grao de degradación alcanzado nesta zona produto do desleixo das autoridades co patrimonio histórico.

CAEIRO
CAEIRO

Este “falso ingreso” para unha habitación pódese encontrar noutras xudiarías galego-portuguesas, nomeadamente na Xudiaría de Linhares da Beira.

Saída do Pasadizo á Estrada de Castela

CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO

O local de saída do pasadizo prodúcese no nº13 da Av. de Castela.

Escadas que ligan co pasadizo

CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO

Peaña na ruela de acceso á Xudiaría de Betanzos da R. dos Anxos.

CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO

Rúa dos Xudeus

CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO

Os Xudeus de Betanzos moraban nos arrabaldes da vila, deslocándose para as rúas da zona alta, nomeadamente as rúas Cortadoria, Ferreiros, Peixaría, onde tiñam os seus oficios e negócios. Intramuros pode ter habido rúas xudaicas, mormente a Rúa Nova, onde se poden ver casas (mesmo do século XVIII) con marcas nas pedras de orixe xudaica.

Nas ombreiras das portas dos números 6 e 9 da Rua das Arcadas da Fonte de Unta, na cidade vella de Betanços, -posibelmente dos séculos XV ou XVI- existen concavidades como as descritas noutras xudiarías.

A memoria da Inquisición en Betanzos está presente no nome da principal rúa da Xudiaría, a Rúa da Cruz Verde, emblema da Inquisición, testemuñando destarte a actividade deste órgao represor. O Santo Ofício instalouse temporariamente no nº9 da Rúa da Cerca de Betanzos para realizar os seus “oficios” aos Judeus conversos.

CAEIRO
CAEIRO

Casa da Inquisición de Betanzos

A “Historia da Cidade de Betanzos” de M. Martínez Santiso (1892) refere que no século XVI existía en Betanzos unha casa habitada por persoas que practicaban o xudaísmo en secreto localizada onde hoxe se acha o cais da Ponte Vella e que posteriormente foi un castelo ou pazo dos antepasados do conde de Vigo. O Tribunal da Inquisición perseguiu aquela familia, cuxo chefe se chamaba Miguel Henriques, que foi apresado e confiscados os seus bens. Apesar das medidas tomadas contra esta liñaxe, o culto xudaico proseguiu entre varias persoas no bairro da Ponte Vella até a extinción dos seus practicantes.

Nos últimos anos a área de reabilitación urbana do Concello de Betanzos, consciente do estado de abandono do bairro xudeu, implementou varias medidas (claramente insuficientes) a fin de recuperar esta parte aínda abandonada e proscrita da cidade.

Advertisements