Cidade galega situada á beira do río Miño na rexión do Baixo Miño e que ten cerca de 17.300 habitantes. É sede episcopal e foi capital dunha das sete provincias do Reino da Galiza até 1833.

A cidade de Tui coroada pola catedral-fortaleza
A cidade de Tui coroada pola catedral-fortaleza

Tui tivo desde da Idade Media unha grande importancia. O seu papel na historia galega foi determinante polo seu carácter fronteirizo no Minho, o que lle deu unha grande importancia militar. Alén diso, durante da Idade Media Tui foi centro comercial de importancia ligado ao porto fluvial.

A actual localización responde ao traslado da cidade que, con motivo da carta foral de 1170, levou a cabo o Rei Fernando II no século XII, encerrándoa en murallas (acabadas no século XIII) e das que aínda se conserva a Porta da Pía.

A sua catedral-fortaleza, iniciada no século XII, está situada no local máis alto da cidade e áchase circundada pola cidade vella. No claustro gótico da Catedral pódese observar unha inscrición, aínda clara, dun candelabro xudaico de sete brazos (menorah) frente á entrada da sala capitular, do século XII. Polo seu tamaño e significación, a gravura desta menorah non pode ser confundida coa marca do pedreiro.

Candelabro xudaico na catedral de Tui
Candelabro xudaico na catedral de Tui

A presenza xudaica en Tui está documentada desde os séculos XIV e XV, cunha Xudiaria de certa importancia, existindo nela dúas sinagogas, cemiterio e azougue. Porén, pouco se sabe da comunidade hebraica de Tui, embora se ache que foi bastante importante, dándolle unha grande mobilidade xeográfica, ao estar próxima doutras cidades e portos importantes como Baiona ou Salvaterra do Miño, onde houbo asentadas prósperas colonias xudías.

Existen dúas teorías sobre a localización da Xudiaría de Tui: por un lado, que esta estaría localizada fóra da cidade, nun bairro denominado de Saraiva e, por outro lado, que estaría intramuros. A hipótese da localización extramuros non se correspondería con calquer modelo de distribuición xeográfica da populación xudaica e, máis ben, podería facer referencia aos campos pertencentes á comunidade hebraica ou, mesmo, ao seu cemiterio. A documentación existente sitúa os Xudeus a morar dentro da muralla, non nun bairro xudeu como tal, mais espallados dentro do perímetro murado da cidade, ao abrigo da catedral-fortaleza e sob a proteción do bispado.

Porta Bergán na actual Rúa Tilve. GoogleMaps
Porta Bergán na actual Rúa Tilve. GoogleMaps

No cadro doutras cidades, a Xudaría de Tui achararíase no entorno da Rúa da Oliveira, moito próxima da Porta Bergán, e que muda o seu nome para o de Porta Nova, dando pasaxe à Rúa Nova, nome habitual que receberon as rúas habitadas por Xudeus após a segregación habitacional.

Planta medieval de Tui con indicación en amarelo dos arruamentos xudeus
Planta medieval de Tui con indicación en amarelo dos arruamentos xudeus

Máis concretamente, a Xudiaría de Tui abranxería as Rúas Fornos, Entre-fornos (actual Rúa do Pracer), Ruela da Soidade, Rúa e Ruela do Ouro. Tamén é posíbel que os negocios hebraicos máis prósperos de Tui estivesen localizados nas arcadas da Rúa Corredoura.

Rúa da Soidade na Xudiaría de Tui
Rúa da Soidade na Xudiaría de Tui
Entroncamento das rúas Pracer e do R. do Prazer do Ouro na Xudiaría de Tui. GoogleMaps
Entroncamento das rúas Pracer e do Ouro na Xudiaría de Tui. GoogleMaps
Ruela do Ouro (á esquerda) e escadas na Rúa do Ouro na Xudiaría de Tui GoogleMaps
Ruela do Ouro (á esquerda) e escadas na Rúa do Ouro na Xudiaría de Tui GoogleMaps

A Sinagoga de Tui estaba localizada ao pé da Porta da Pia da muralla medieval, cuxo nome “Pia” provén do baño ritual xudaico ou micvé que estaba na súa proximidade. Cunhas dimensións de 25m2, estaba escavado na rocha e probabelmente nascía no seu fundo un manancial, consoante as prescricións relixiosas. Para alén da Porta Pía, da antiga muralla de Tui aínda se conserva unha torre, chamada “do Xudeu”,  que evidencia esa presenza nesta vila miñota. Neste local na actualidade áchase un establecimento hoteleiro.

Torre do Xudeu de Tui
Torre do Xudeu de Tui

 hotel_torre_do_xudeu_tui

De resto, na Rúa Entre-fornos (antiga Triparia) achábase o azougue xudaico, o único documentado na Galiza.

Nas rúas do bairro xudeu de Tui aínda existen casas manuelinas do século XV, algunhas con falsos arcos conopiais, nalgún caso coroados cunha cruz nas portas ou xanelas, como na casa situada no nº9 da Rúa de S. Telmo.

Casa do séc. XV com lintel manuelino con cruz. E. Fonseca Moretón
Casa do séc. XV com lintel manuelino con cruz. E. Fonseca Moretón

No número 46 da Rua Carpentaría unha casa de nova construción conserva sobre a porta de entrada o antigo lintel da habitación medieval que está decorado tamén cun falso arco conopial coroado por unha cruz.

Casa do séc. XV con lintel manuelino con cruz. E. Fonseca Moretón
Casa do séc. XV con lintel manuelino con cruz. E. Fonseca Moretón

Algunhas destas casas do século XV teñen cruces gravadas nas súas fachadas, como a que dá ao nº82 da Rúa Lorenzo Cuenca ou de Abaixo.

E. Fonseca Moretón
E. Fonseca Moretón

Tamén, unha casa da R. Pároco R. Vásquez, localizada en frente do Albergue de Peregrinos, apresenta inscricións cuxa orixe aínda non foi determinada (1), un pásaro da vida (2) e un cruciforme (3) característico de Xudeus ou cristiáns-novos.

CAEIRO
CAEIRO
Cruciforme da R. Pároco R. Vazquez de Tui. CAEIRO
Cruciforme da R. Pároco R. Vazquez de Tui. CAEIRO

Antes da expulsión dos Xudeus de 1492, na altura de 1464, estímase que por volta de 7 por cento da populación tudense fose xudaica, tornándose, destarte, na percentaxe máis elevada da Galiza. A documentación conservada refere que os Xudeus de Tui ocupáronse no artesanato, en tarefas ligadas directamente coa catedral e o cabido, rexistrándose a existencia de pedreiros e de ourives que traballaron para o cabido.

Após a expulsión dos Xudeus de Portugal (1496), Tui comezou a receber inúmeras cantidades de cristiáns-novos refuxiados en Portugal cando o édito de expulsom dos Reis Católicos. Coa pasaxe dos anos case todos convertéronse ao catolicismo, ingresando grande parte na igrexa e mesmo chegando a ascender na hierarquía eclesiástica. De facto, a sé episcopal de Tui solicitou o estabelecemento do Estatuto de limpeza de sangue en 1609 para travar a ascensión xerárquica dos cristiáns-novos. O pedido, reiterado en 1616, foi desouvido pola Cámara de Castela da que dependia a igrexa galega.

Porén, a actividade da Inquisición testemúñase na coleción de “sambenitos” existente no Museu Diocesano, os únicos que se conservan non apenas na Galiza, mais no Estado español.

Colectánea de "sambenitos" no Museu Diocesano de Tui
Colectánea de “sambenitos” no Museu Diocesano deTui.

Na actualidade e grazas ao crescente interese polo pasado hebraico da Galiza, a vila de Tui aderiuse á rede española de xudiarías dentro do programa Camiños de Sefarad

Advertisements