Vila galega con cerca de 6.100 habitantes situada nun outeiro á beira do río Arnoia. Coroada por un castelo do que hoxe mal restan poucos vestixios, estivo rodeada por unha muralla da cal aínda se conservan algúns panos.

Alhariz tivo unha grande importancia histórica, pois no século XI foi o berzo da monarquía do Reino da Galécia-León. Nesa altura Afonso VI de Galécia-León ordena erguer o castelo e as murallas. No século XII Afonso Reimondes (ou VII), primo de Afonso Henriques, concédelle á vila o foral, tornándoa en vila poboación de reguengo. O castelo de Allariz foi residencia real e local de educación dos príncipes e infantes da dinastía galaica.

Quer pola sua importancia política, quer pola económica, en Allariz achábase unha das xudiarías máis importantes da Galiza, a cal foi próspera e frutífera até o século XV a teor da súa excelente localización estratéxica que tornaba a vila en “chave da Galiza” (segundo un privilexio de Sancho IV).

Localización da Xudiaría de Allariz. GoogleEarth
Localización da Xudiaría de Allariz. GoogleEarth

Durante o século XII os Xudeus e cristiáns vivían protexidos polas murallas do castelo en rúas estremeiras, mais a tendencia dos Hebreus ao isolamento fixo con que se organizasen por volta da figura do rabino, asentándose no Bairro de San Pedro (actualmente rúas San Lázaro, Porta de Vila Nova, Portelo da Barreira e Rúa Arroleiro). Durante este primeiro período non se pode falar propriamente en xudiaría, xa que as dúas etnias estaban misturadas, embora a maioría de Xudeus se concentrase nesta zona.

En 20 de maio de 1289 é asinado un acordo polo cal os dous pobos, Xudeus e cristiáns, deciden viver separadamente. O surprendente desta Carta de Avenza é que se trata dun acordo entre iguais e equitativo, acordando a mutua tolerancia. Tamén se pactúa separar as celebracións relixiosas para que nengún xudeu poda estar presente durante as procesións cristiás e que nengún cristián poda interromper a liturgia xudaica. Do mesmo modo, acórdase que nengún xudeu poda viver cos cristián e que nengún destes o faga na xudiaría. Este facto é todo un expoente de tolerancia, xa que ambas as partes se recoñecen mutuamente, aceitando que cada cal adore o seu d-us e, acima de todo, aceitando a relixión do outro. Nengunha das dúas parece ter unha posición opresora, procurando apenas o convivio pacífico.

Nos 105 anos anteriores a este acordo era normal os Xudeus trozaren das procecisións católicas, insultando as imaxes do Cristo e das virxes. Por outro lado, os cristiáns tentaban acima de todo interromper os actos relixiosos xudaicos ou incomodalos durante o sabbat. Estes aconteceres gardarian relación directa coa tradición e a lenda do fidalgo Xan de Arzúa e a “Festa do Boi”.

Arruamentos de ámbito xudaico na Xudaría de Allariz. GoogleMaps
Arruamentos de ámbito xudaico na Xudaría de Allariz. GoogleMaps

Talvez se poda achar que estes actos son un indicio dun mal convivio, porén, ao contrario: os Xudeus e cristiáns considéranse iguais, o que torna lóxico que se enfrentasen como iguais nas cuestións relixiosas (no fin das contas, son os únicos atritos dos que existe proba). Un acontecemento como o de Allariz, ben como noutros pontos da Galiza, tería suposto un linchamento sistemático dos Xudeus en calquer outra parte.

Cabe referir que a Carta de Avenza de Alhariz, ratificada polo Xudeu-Mor e as autoridades civís e eclesiásticas locais, encádrase nunha conxuntura de crise política e económica. Por un lado, a crise política derivada da morte de Afonso X e dos curtos reinados de Sancho IV (1284-95) e de Fernando IV (1295-1312), que deixaron desprotexidos os Xudeus, e, por outro, a crise económica derivada dunhas más colleitas e un recuo na reconquista.

Após este acordo, algúns Xudeus instaláronse no bairro do Couto, embora a maioría o fixo na zona de Subcastelo, quer fora das murallas, quer nas proximidades da sinagoga e do cemiterio xudeu, construídos no século XII nuns terrenos cedidos con ese fim polo goberno local. Este terreno estaría na actual Rúa de Santo Estevo, mais tanto a sinagoga como o cemiterio foron desmantelados após a expulsión de 1492.

Bairro do Couto

Rúa do Couto na Xudaría de Allariz
Rúa do Couto na Xudaría de Allariz. CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
Pr. do Couto na Xudiaría de Allariz. CAEIRO
Pr. do Couto na Xudiaría de Allariz. CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO

O facto de localizar o bairro xudeu de Allariz na parte alta da vila dentro das murallas alicérzase en:

1. Pola referencia ao castelo na Carta de Avenza, debendo localizarse a xudiaría baixo o castelo, talvez na encosta do outeiro sobre o que este se achaba.
2. O facto de o cemiterio estar localizado, en 1487, a 100 m. de San Estevo. Igualmente, próxima de San Estevo áchase actualmente a Rúa Nova, antiga rúa da Sinagoga.

Rúa Nova

CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO

Rúa de Socastelo

CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO
CAEIRO

De resto, o documento autorizaba expresamente os Xudeus a utilizar as portas da cidade para introducir os seus mantimentos: “e entrem os judeus pelas portas da vila para a Judiaria os vestimentos, que tiverem por mester”, o que confirma a súa localización intramuros.

Hoxe consérvanse moi poucas habitacións de orixe medieval, mais posúen esa orixe os pisos baixos dalgúns predios que son resultado de ampliacións implementadas sobre antigos muros que conservaron en parte ou na súa totalidade. Em varios casos consérvansse ainda os ocos das portas nas que se poden ollar concavidades, case sempre situadas na ombreira direita.

Na primitiva xudiaría, no número 33 da Rúa de San Lázaro, consérvase a fachada dunha casa de dúas portas coas súas arestas biseladas que ainda teñen repicadas partes da súa ombreira direita na porta máis estreita para facilitar o uso de chaves e fechos ainda permite recoñecer con clareza na súa aresta unha concavidade polida. Entre as dúas portas desta casa pódense recoñecer uns cruciformes gravados.

Casa dos sécs. XV-XVI, con concavidade e cruciformes gravados no lado direito na Xudiaria de Alhariz. E. Fonseca Moretón
Casa dos sécs. XV-XVI, con concavidade e cruciformes gravados no lado direito na Xudiaria de Alhariz. E. Fonseca Moretón

Integrada nunha casa máis moderna existe unha antiga porta, que ten a súa parte baixa murada e é utilizada como xanela. Ao redor desta porta ten gravados na fachada varios números e letras, para alén dunha cruz de converso de regular tamaño no seu lado esquerdo. Esta “xanela” é seguramente unha mostra de dous momentos distintos: cando se grava a “cruz de converso”, talvez no século XVI, e outro no século XVIII, pertencendo a unha abastada familia de conversos, orgullosa da sua condición de “bons cristiáns-novos”.

alhariz2
Antiga porta con cruz de converso á esquerda e inscrición do séc. XVIII sobre o lintel na Xudiaria de Allariz. E. Fonseca Moretón

A casa do número 13 da Rúa da Fonteiriña ten na súa ombreira esquerda unha concavidade e abaixo desta na fachada ten gravada unha “cruz de converso”. Trátase dunha habitación cuxo andar baixo é moito máis vello do que o piso superior.

Porta con concavidade e cruz de converso á esquerda na Xudiaria de Allariz. E. Fonseca Moretón
Porta con concavidade e cruz de converso á esquerda na Xudiaria de Allariz. E. Fonseca Moretón

No número 14 da Rua Arroio consérvase unha casa que ten unha porta do século XV de arco de meio ponto realizado con grandes aduelas e que, para alén da concavidade na aresta da súa ombreira direita, ten unha inscrición no lado desta na mesma peza de pedra e outra inscrición no sillar contíguo, invertida, que dí: “ano 1713”. Isto parece indicar que a casa debeu de ter sofrido unha reconstrución nesa época, embora tamén podería terse efectuado esta inscrición diretamente sobre a pedra, tal como se acha hoxe en día, sen que a fachada tivese sofrido calquer derrubo. Lendo esta inscrición ao invés, no sentido hebraico, pódese enxergar a palabra shalom.

Casa dos sécs. XV-XVI con concavidade polida e inscrición de 1713 invertida. E. Fonseca Moretón
Casa dos sécs. XV-XVI con concavidade polida e inscrición de 1713 invertida. E. Fonseca Moretón

Nas rúas Lobariñas, Sul e das Hortas existen casas que teñen nas súas portas, a maioría na ombreira direita, concavidades, embora algunhas o teñan na ombreira esquerda, ao igual que a da Rúa Fonteiriña. Estas casas sofreron varias reconstrucións no tempo e conservan nos seus pisos baixos os seus elementos máis antigos. Na Rúa Sul dúas casas posúen unhas peañas semellantes ás existentes em Monção e Valença.

A Xudiaría de Allariz tivo o seu esplendor até o inicio do século XV, a partir do cal, ao igual que o papel da vila, iria esmorecendo devagariño, especialmente a partir da segunda metade do século, após a interdición de os Xudeus exerceren cargos públicos e actividades profesionais, o que supón o fin da Xudiaría de Allariz, facto que coincidiu coa cesión da xurisdicción sobre a vila ao Conde de Benavente realizada polo monarca Juán II de Castilla.

Após o édito de expulsión de 1492 foron moi poucos os que preferiron fuxir para outros países, optando a maioría pola conversión ao cristianismo como cristiáns-novos ou como practicantes, en segredo, do xudaísmo.

Esta realidade subxace na forma en que non poucos alaricanos ainda hoxe recoñecen que son naturais “da Ziralla”, encanto outros fan troza diso dicendo o mesmo con certo desdén: “tu es da Ziralla” sen saber na realidade no que falan. Este xeito de nomear a Allariz, lendo de direita para esquerda, está implícita unha referencia a supostos ou verdadeiros antecedentes xudaicos. “Eu son de sangue xudeu dos que len ao invés: da Ziralla”, ou ben “tu es da Ziralla, dos que len ao invés: un xudeu”.

As principais actividades que conforman a fasquía do Parque Etnográfico do Río Arnoia (moiño, tecidos, curtumes) evidencian o que noutrora significou o modo de vida e a economía da zona, impulsionada polos Xudeus e claramente ligada ao río Arnoia. De resto, a confeitaria tradicional de Allariz, con base nos amendoados, a torta real, a rosca de cazo, os chocolates, os licores que se exalta na “Feira do doce, Amendoado e Melindre”, como no caso de Ribadavia, foron introducidos polos Xudeus.

Advertisements