Vila galega situada á beira do Mar Cantábrico con cerca de 10.100 habitantes.

De orixe fenicia, a súa igrexa foi catedral até o ano 918 en que o rei Ordoño II (coroado rei da Galiza en 910 e tamén rei de León a partir de 914) mudou a sé para Mondoñedo.

En 1182 o rei Fernando II decide criar unha vila no núcleo existente, coñecido até entón como Vila Vella, outorgándolle unha carta de foral co privilexio de poder celebrar un mercado. En 1369 a vila é colocada por Enrique de Trastamara sob o dominio particular do conde francés Pierre de Villaines, pasando logo a seguir por varias mans, indo a parar finalmente no séc. XX na Casa de Alba.

Tense constancia de que moraron Xudeus en Ribadeu, mias non se encontraron documentos que indiquen o seu local de asentamento. Sábese que esta comunidade facía parte, xunto coas comunidades da Coruña e Betanzos, do mesmo grupo de taxación.

Un documento de 1467 demonstra a existencia de Xudeus a morar en Ribadeu ao falar en varias prazas da vila que “limitam com os que havian sido de Jaco, judeu e que agora som do seu filho Moisés”.

No século XVI a economía de Ribadeu estaba moito ligada tanto ao Oceano Atlántico (grazas às exportacións de madeira para Sevilla e Lisboa, a construción de naus e a emigración para Sevilla e América) canto ao Cantábrico, ao ser cabeceira do comercio cos países bálticos, nomeadamente a partir do porto de Riga, dos que se importaba aguardente en rexime de exclusividade.

Advertisements