Localidade galega que se estende pola faixa costeira que vai desde a ria de Ferrol até o porto de Redes, com cerca de 5.600 habitantes.

Os Xudeus establecéronse nesta vila procedentes da xudiaría de Monforte de Lemos co obxectivo de partir do seu porto para o exilo logo a seguir da perseguizón relixiosa propiciada polos reis católicos. Porén, a saída non foi inmediata, estabelecéndose a colonia xudaica no bairro do Porto, na beira-mar, para traballar no comercio do sal. A importancia desta colonia xudía na Galiza foi tan grande que mesmo chegou a ter a súa propria sinagoga, da cal aínda se conserva unha parte da estrela de David que hoxe serve de lintel dunha casa.

No arquivo municipal áchanse nomes de persoas xudías intervindo activamente na política e cultura da vila. Por exemplo, o nome de D. Manuel de Castro e Almeida, xudeu procedente de Portugal e que levaban en arrendamento as salinas de Ares e Pontedeume. En 1665 figuraba un pedido de Bernardo Tortora para enviar o seu fillo António para estudar nas Universiades de Salamanca, Boloña e Roma. Figuran tamén os apelidos Coelho, Calamar, Flores, Coronel, Ferro, este último de Betanzos onde eran banqueiros.

Posteriormente estes xudeus foron expulsos por mar e outros asasinados.

Advertisements