Noutrora chamada Vila Maior, Mondoñedo é unha vila galega con cerca de 4.500 habitantes. Na Idade Media e até tempos modernos foi capital dunha das sete provincias do antigo Reino da Galiza.

As orixes desta vila remóntanse á configuraçom da diocese mindoniense por un grupo de refuxiados Britóns chegados desde as illas británicas escapando das invasións de anglos e saxóns nos séculos V-VII, asentados antes no local de Bretoña (Brittonnia).

O auxe de Mondoñedo comeza en 1117, cando é sediada na cidade a diocese. En 1156 o rei Afonso VII eleva a vila, na época municipio, para a categoría de cidade. En 1230 iníciase a construción da catedral e en 1320 é construída unha muralla para cercar a cidade.

Desde o ano 1491 a vida municipal estrutúrase no concello municipal, estando sob o controlo do bispo, señor da cidade, que nomeaba tamén as autoridades locais.

Mondoñedo contou cunha comunidade xudaica ao abrigo do grande mosteiro de Vila Nova de Lourenzo, no nível dos mosteiros de Sobrado e Meira, e que protexeu os habitantes da xudiaría polo seu labor de administradores e angariadores de impostos. Neste caso os xudeus de Mondoñedo tiñan a proteción directa do bispo.

Outro dos motivos da presenza xudaica en Mondoñedo áchase na puxanza económica da cidade a partir do século XII, a súa situación xeográfica cunha grande riqueza agrogadeira, para alén de estar na rota que ligaba Galiza coas Asturias.

Mondoñedo tivo dúas xudiarías afastadas por pouca distancia, embora non se poda determinar se ambas existiron no mesmo período.

Localización das xudiarías de Mondoñedo. GoogleEarth
Localización das xudiarías de Mondoñedo. GoogleEarth

A primeira achábase na Ruela da Leña, situada moito próxima do seminario e que contaba cunha única entrada, tornando a rua nun círculo estreito de casas agrupadas a fin de aproveitar o calor das habitacións.

mondonhedo2

A segunda xudiaría estaba na ruela situada atrás da Fonte Vella, á que se accede por unhas escadas estreitas.

Fonte Vella de Mondoñedo, no acceso á xudiaría
Fonte Vella de Mondoñedo, no acceso á xudiaría
Escadas de acceso á xudaría de Mondoñedo
Escadas de acceso á xudaría de Mondoñedo

Amiudamente estas dúas xudiarías son consideradas unha única xudiaría, como accedendo a ela tanto pola Rúa Fonte Vella canto pola Ruela da Leña, defronte do Seminario de Santa Catarina.

No entanto, consoante a tradición popular, o bairro xudeu achábase extramuros na zona do río, no Bairro dos Moiños.

Arrauamentos xudaicos no bairro dos Moiños de Mondoñedo
Arrauamentos xudaicos no bairro dos Moiños de Mondoñedo
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña

O bairro dos Moiños recebe ese nome pola presenza nos seus arruamentos de varias dessas construcións, xa sen uso mais recén restauradas conservando a arquitectura e feitio tradicionais.

Advertisements