Cidade galega situada á beira do río Miño con cerca de 110.000 habitantes.

Baptizada como A cidade de Ouro (Auriense) polos Romanos, Ourense mantivo importancia pola súa ponte romana e situación na antiga Galécia. De facto, foi corte real do Reino Suevo da Galiza.

Durante o reinado de Sancho II ten lugar a renascenza da cidade. En 1122 Dona Teresa de Portugal entrega a xurisdición da cidade á igrexa (bispo), situación que se mantivo até o século XVII. Durante o século XVI a cidade experimenta un importante aumento de populacion e da actividade comercial ao abrigo da comercialización do viño e do artesanato.

A Xudiaría de Ourense, apesar de ser unha comunidade importante dentro das xudarías galegas, era fraca. De facto, non se pode falar propriamente nunha xudiaría, apesar de ter sinagoga e rabino-mor, xa que os Xudeus de Ourense estaban espallados pola cidade misturados con cristiáns e, despois das medidas segregacionistas de 1484-87, polo reducido tamaño da Rúa da Xudiaria e o número limitado de Xudeus que concentrou.

Zonas de ámbito xudaico de Ourense. GoogleEarth
Zonas de ámbito xudaico de Ourense. GoogleEarth

A Xudaría de Ourense estaba situada na Rúa Nova (actual Rúa Lamas Carvajal), mais debido ao seu baixo número de membros, sempre conviviron cos cristiáns na mesma rúa polo facto de os xudeus non ocuparen toda a rúa. Mesmo algúns investigadores achan que no momento de esplendor, a populación de Xudeus na Rúa Nova non superou os 15% da viciñanza, encanto outros afirman que superaban metade da populación.

Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña
Eva L. Parguiña

Algunhas familias xudías moraban nas rúas lindeiras á Rúa Nova de Ourense, como as Rúas Sapateiros (actual R. das Tendas), Arcedianos, Praza do Campo (actual Praza Maior) e Barreira.

Arruamentos xudaicos de Ourense
Arruamentos xudaicos de Ourense

Posteriormente, a Xudiaría de Ourense estendeuse á denominada Porta da Fonte do Bispo, un dos accesos á cidade, debido aos conflitos orixinados tanto pola oposición dos cristiáns a abandonar as súas casas para deixar sitio nos limites xeográficos marcados pola lei para a xudiaría, canto polos protestos dos Xudeus, contrarios a abandonar as súas vivendas. Os Xudeus podían conservar as súas loxas e oficinas fora da xudiaría definida sempre que nom dormisen ou comesen nelas.

Sexa como for, os dados que se dispoñen, todos do século XV e moito numerosos, sábese que a Xudiaría de Ourense gozaba dunha boa saúde económica, onde había vários angariadores de impostos e peñoristas, ao mínimo un xoalleiro, un sapateiro, un armeiro, varios médicos e un veterinario.

Porén, en 1484 publícase o decreto das Cortes de Toledo obrigando todos os Xudeus para residiren na Rúa Nova e ordenando á populación cristiá o abandono desa rúa. O goberno municipal non fixo moito caso dese édito, sendo necesaria a súa reiteración en 1487.

Planta de Ourense no século XV
Planta de Ourense no século XV

Como acontecido noutros pontos da Galiza, o convivio era tan distendido que nalgunhas ocasións algúns Xudeus foron detidos por blasfemar durante as procesións cristiáns. Así sendo, a briga máis grave que se lembra contra os Xudeus de Ourense foi o saque da Sinagoga en 1441. No entanto, a documentación existente culpabiliza diso un grupo de Franceses que nesa altura estaban hospedados nunha das casas do bairro xudeu.

Nese cadro, as crónicas da época referen as boas relacións existentes ente cristiáns e xudeus galegos. Os Xudeus colaboraban co Concello nas obras da ponte, nas despesas extraordinarias ou no pleito promovido polo concello contra o bispo. É por todo isto que as autoridades municipais, cientes da importancia da xudiaría para a economía local polos impostos que pagaba e polas riquezas que xeraba, tentaban que os xudeus non abandonasen a cidade. Entre estas medidas achábase o imposto que debía pagar calquer un cidadán que abandonase a cidade: encanto os cristiáns debían pagar doce maravedís, os Xudeus tiñam de pagar o dobro. Quer por antisemitismo, quer para  retelos na cidade, esas eran as taxas municipais para abandonar Ourense. Reciprocamente, o Concello de Ourense repón 3000 maravedís que certo David perdera en Chaves, cualifica un “agravio” o saque á sinagoga ou adía até sete anos o cumprimento da orde segregacionista dada polos reis católicos.

A Sinagoga de Ourense

No tocante á Sinagoga de Ourense, sábese que estaba situada na Rúa Nova e que, consoante o tamaño da populación xudaica local, era pequena e tiña horta e pozo. Porén, non se pode determinar a súa localización exacta. Encanto uns defenden que se achana no local onde agora se levanta a igrexa de Santa Eufémia, outros achan que é o local de en frente, nun predio que ligaba a Rúa Sapateiros coa Rúa Nova.

Igrexa de Sta. Eufemia, posíbel local da Sinagoga de Ourense. Eva L. Parguiña
Igrexa de Sta. Eufemia, posíbel local da Sinagoga de Ourense. Eva L. Parguiña
Advertisements