Vila galega con cerca de 12.200 habitantes situada na Ría de Vigo á beira do Oceano Atlántico.

En 1202 o rei Afonso VIII de Galécia-Leom concédelle carta foral. Posteriormente, en 1495, o seu porto recebe, xuntamente co da Coruña, o privilexio de carga e descarga de mercadorías procedentes do exterior.

Unha das principais actividades dos Xudeus nos portos de mar durante a Idade Media foi a de traballaren como armadores de navíos cos que practicar o comercio.

Ao porto de Baiona chegaron procedentes de Ourense e Ribadavia, xa que era o porto natural para enviar para outros mercados (notadamente a Franza e o sul da Inglaterra) os produtos das súas zonas, mormente os agrícolas, xerados polos novos cultivos difundidos polos freires beneditinos e cistercenses criadores de inúmeros mosteiros, en especial ao longo da ribeira dos ríos Miño e Sil (Ribeira Sacra).

Cando os reis católicos publicaron o édito de expulsión, en marzo de 1492, en Baiona practicamente xa non ficaban Xudeus. Previamente fuxiran para Portugal, onde esperaban encontrar tolerancia e mellores xeitos de vida.

A Xudiaría de Baiona achábase no local agora ocupado polo Convento das Dominicanas
A Xudiaría de Baiona achábase no local agora ocupado polo Convento das Dominicanas

A Xudiaría de Baiona, ocupada practicamente polo convento e a horta das Madres Dominicanas (orde católica especializada na perseguizón e represión dos Xudeus), ficou abandonada da memoria da viciñanza, que “no fundo se alegraron ao perder a concorrencia das súas xentes nos negocios dos que vivía Baiona” (Sierra Ponce de León, V in “Historia de Baiona e o seu Patrimonio Monumental”).

Advertisements