Salón, talvez nome derivado da palabra hebraica Shalom, é unha aldea que se acha na parróquia de Alvarellos, no municipio de Boborás, e conta con 61 habitantes.

Salón de Alvarellos
Salón de Alvarellos

Salón de Alvarellos está localizado nunha encosta situada na confluencia dos vales dos rios Avia e Viñao. Entre socalcos, a partir de Salón ábrese un longo vale que chega até Leiro.

SALÓN_2
Planta de Salón de Alvarellos

A planta de Salón forma unha arañeira de sinuosas ruelas entrelazadas sen calquer orde. As habitacións son de pedra e de tipo románico, existindo torres con varios andares de paredes muradas.

Os linteis de pedra de moitas casas mostran moitos elementos xudaicos (Estrelas de Salomón, hexagramas, menorahs,…).

Descendo por unha ruela perto da capela o lintel do predio nº137/8 mostra unha estrela ou selo de Salomón.

Máis abaixo, a casa nº79/19 mostra na coluna de coroación dun lintel un selo de Salomón que dá acceso a un patio cuxo predio circundante exhibe unha Menorah en relevo.

Advertisements