Parroquia situada na confluencia dos ríos Avia e Arenteiro no municipio de Boborás, con 123 habitantes.

paços_de_arenteiro1

Esta poboación posúe un compacto núcleo moito ben conservado, con rúas empedradas, formado por un conxunto de casas populares e nobiliarias que mostran maxestosos brasóns e construídas con pedras de cantaria graníticas.

Planta de Pazos de Arenteiro
Planta de Pazos de Arenteiro

Esta arquitectura desenvolveuse nos momentos de máis esplendor da zona, entre os sécs. XVI e XVII, e ligada aos impostos e rendas que tiñan de pagar os pequenos produtores do viño do Ribeiro. Este era o fin do Pazo da Encomenda, predio onde a igrexa arrecadaba os dícimos de toda a rexión.

A Calexa de Pazos de Arenteiro
A Calexa de Pazos de Arenteiro
Arruamentos de Pazos de Arenteiro
Arruamentos de Pazos de Arenteiro

En Pazos de Arenteiro existen até 7 pazos, pertencentes tanto á igrexa canto ás distintas grandes familias de liñaxe antiga. A maioría destas habitacións contan con solainas, torres, pombais ou espigueiros.

Diante da igrexa parroquial, de feitío románico, o lintel dun pazo exhibe, gravado en baixo relevo, unha Estrela de David circunscrita nun círculo. Na pedra inferior do arco do mesmo predio parece estar representada unha menorah.

Estrela de David nun predio de Pazos de Arenteiro
Estrela de David nun predio de Pazos de Arenteiro

Pazos de Arenteiro, situada na Rota da Prata a Compostela e na rota de moitos arrieiros, tivo xurisdicción propria e sediaron ordes militares relixiosas como a do Temple ou do Santo Sepulcro.

En 1973 Pazos de Arenteiro foi declarada conxunto histórico de casco urbano.

Advertisements