Vila galega situada no fundo da Ría de Ares entre as cidades de Betanzos e Ferrol pertencente á rexión do Eume, con cerca de 8.400 habitantes.

A fundación da Pontedeume ten lugar ex nuovo xunto dunha ponte romana na beira do río Eume a partir do foral concedido polo rei Afonso X “o Sabio” en 1270. Vila de reguengo até 1371, en que pasa para a Casa de Andrade, condición que se mantivo até 1835.

Nos seus primeiros cen anos de existencia a vila consolídase, sendo rodeada por unha muralla con tres portas: a da Ponte, a da Vila e a de Porto, ás que posteriormente se irán acrescentar a do Postigo, de Salga e Carnizaría.

Deseño medieval de Pontedeume
Deseño medieval de Pontedeume

Fernán Pérez de Andrade III, chamado O Bon, que recebe a vila, mellora as infraestruturas arquitectónicas de Pontedeume (alargamento do recinto murallado, convento, remove a vella ponte por unha de pedra, hospital, palácio de Andrade). Está soterrado em Betanzos. No século XVI a casa de Andrade unese á de Lemos.

No documento realizado polos reis católicos referido para Ferrol tamén fica demonstrada a existencia dumha comunidade xudaica em Pontedeume.

Alén diso, existe constancia documental do contributo da Xudiaría de Pontedeume ao “servizo e meio servizo” nos anos 1474 e 1482. Tamén fixeron parte do grupo de taxación formado polas xudiarías da Coruña, Betanzos e Ribadeu durante os anos 1488, 1489 e 1491 do contributo ao “serviço dos castelhanos de ouro”.

Aínda que existise en Pontedeume unha comunidade xudaica, descoñécese o local de asentamento desa comuna no conxunto da vila.

Advertisements