Municipio do Berzo ocidental que fai parte da Galiza estremeira con cerca de 5.500 habitantes.

Cacabelos é mencionado pola primeira vez no século X nunha doazón do rei Vermudo II ao mosteiro de Carracedo. Disputada a xurisdición de Cacabelos entre as dióceses de Astorga e Santiago, en 1138 o rei Afonso VII doa vila á mitra de Compostela, ficando sob o controlo deste cabido até 1890.

Durante a Idade Media Cacabelos cresceu ao abrigo do Camiño de Santiago, o que tería atraído o asentamento dunha comunidade xudaica.

A Xudiaría de Cacabelos tivo unha escasa populación e de pouca importancia económica. A primeira referencia a esta xudaría é un documento do bispado de León-Astorga de 1464, aparecendo ligada, a efeitos tributarios, coa de Ponferrada, Barrios de Salas, Bembibre e Vila Franca de Valcarce, referindo no conxunto unha cuota de 5.230 maravedís.

Áchase que a Xudiaría de Cacabelos estaba situada na zona da ermida de San Roque (denominada así desde o século XVI) e que este templo tivese sido a antiga sinagoga, pois a súa advocación á Vera Cruz foi habitualmente empregada polos cristiáns no momento de usurpar os predios das sinagogas. Tamén se descarta a hipótese de que existise unha Xudiaría na saída da vila.

Alén diso, é claro que no Bierzo se produciu un éxodo de Xudeus nos finais do século XV na secuencia do édito de expulsión de 1492. Anos antes, em 1486, Cacabelos, como o resto de poboacións do Bierzo ocidental, foi afastado da influencia social, política e cultural galega ao ser colocado sob mans do Condado de Benavente.

Advertisements