Vila galega pertencente á rexión de Verín, con cerca de 3.100 habitantes.

Apesar de ser escasa a documentación conservada sobre os Xudeus en Monterrei, existe a constancia documental dun cemiterio xudaico e da presença dun “D. Jacob, genro de dom Elias, morador em Monte-Rei”, podéndose afirmar que existiu unha comunidade xudaica nesta vila medieval.

O cemiterio xudaico localizábase próximo do castelo, fora da cidade de Verín, sobre un outeiro próximo do río Támega. As referencias ao cemiterio xudaico inscrébense dentro do interrogatorio de testemuñas sobre a pose e demarcación do “Couto de Mixós” que o gobernador e autarcas mores da Real Audiéncia da Galiza ordenaron para dirimir o pleito que existía entre o Mosteiro de Celanova e o concello de Monterrei em 1490. De resto, a existencia na toponimia dun “Outeiro dos Xudeus” ratifica a hipótese da existencia dunha comuna xudaica en Monterrei.

Cruciforme nunha casa dentro da fortaleza-castelo de Monterrei CAEIRO
Cruciforme nunha casa dentro da fortaleza-castelo de Monterrei CAEIRO
Vestixios da Xudaría de Monterrei. CAEIRO
Vestixios da Xudaría de Monterrei. CAEIRO

Relativamente ás terras do Conde de Monterrei, nomeadamente en Verín e Videferre, existe a hipótese do asentamento dun numeroso grupo de conversos portugueses ao regresar à Galiza.

Advertisements