Santiago de Compostela, capital da Galiza, é unha cidade con cerca de 95.700 habitantes internacionalmente famosa como un dos destinos de peregrinación cristiá máis importantes do mundo, na altura de Roma ou Jerusalém.

Ligado a esta tradición, que remonta á fundación da cidade no século IX, a súa catedral, cuxa construción foi iniciada en 1075, alegadamente alberga o túmulo de Santiago Maior, un dos apóstolos de Xesús Cristo. A visita deste túmulo marca o fin da peregrinación, cuxos percursos, os chamados Camiños de Santiago ou Vía Láctea, alastran por toda a Europa Ocidental.

As peregrinacións aumentaron grandemente a importancia económica e política da cidade, tornándose arcebispado en 1120. Libertada da tutela de Braga, a outra grande sé da Galécia, a hierarquía católica de Compostela pasou a ter xurisdición por sobre a maioría de León e das Asturias e acabou sendo centro dun grande señorío feudal relixioso. Mesmo Lisboa, libertada do dominio musulmano en 1147, ficou oficialmente ligada como sufragánea á Arquidiocese de Compostela até 1394, altura en que a capital portuguesa é elevada para Sé Arquiepiscopal.

Descoñécese exactamente cando asentaron os Xudeus en Santiago de Compostela. Os Camiños de Santiago supuxeron un movimento continuado de peregrinos e mercadores procedentes de diversos países, de todas as clases sociais, xeitos de vida,… Mais para que todo isto correse ben, foi precisa a existencia dunha importante estrutura, quer comercial, quer loxística, en todo o camiño e en Santiago de Compostela. Esta situación, especialmente frutífera, motivou a aparición da Xudiaría de Compostela.

Os Xudeus que se asentaron en Santiago de Compostela procuraban, en primeiro lugar, o comercio, pois a continuada chegada de peregrinos facía precisa a presenza de prestamistas, fraldarios, mercadores,… e, en segundo lugar, a igrexa, pois os altos hierarcas católicos precisaban xoias, cálices, sacrarios,… polo que xoalleiros, ourives e fabricantes xudeus se instalaron en Compostela, coñecedores das procuras do clero. Porén, existe, ao menos na teoría, unha terceira e moito importante razon que xustificaría esa presenza de Xudeus em Compostela: a construción da Catedral.

A catedral de Compostela está chea de referencias ao pobo e á relixión xudaica. Por exemplo, no chamado Pórtico da Glória, obra-prima do románico europeu, está representado o pobo xudeu no extremo esquerdo encanto no direito aparecen os xentíos. Tamén aparecen talladas moitas figuras do chamado polos cristiáns “Vello Testamento”, xunto con as do Novo. No arco da esquerda, por exemplo, xunto á imaxe de Xesús Cristo pódese distinguir a Eva e Adán e, logo a seguir, unha figura coroada que representa o patriarca Abraám, á que seguen a dos profetas Isaías, Xacob e Xudá. No lado esquerdo aparece Moisés, segurando a Lei, acompañado por Isaías, Daniel e Xeremias. Nos machones sobre os que descansa o arco lateral están representados os profetas menores Oseias, Xoel, Amós e Obadías. Na Porta das Pratarías tórnase a encontrar de novo Isaías (rodeando a Xesús Cristo), Moisés e Aarom, ben como o túmulo de Abraám. Mais, polo seu valor artístico, destaca a figura do Rei David, unha das obras-primas da arte medieval.

Na Idade Media as ornamentacións dunha catedral non se facían apenas por cuestións estéticas, mais respondían a unha complexa simboloxia. Cada elemento tenta significar algo dentro do conxunto da catedral. Esta concepción simbólica estaba en ocasións ligada aos principios da Cabala.

É preciso levar en conta que na Idade Media a Bíblia era un libro interdito para o pobo e que a presenza dun grande número de personaxes e pasaxes bíblicas apenas se xustifica pola presenza de artistas e pedreiros que coñecían as escrituras.

Parece xustificada a participación de artesáns xudeus na construción da catedral de Santiago de Compostela durante o século XII. Porén, existe unha cuestión que pon en causa esta tese: a relixión xudaica proíbe expresamente as imaxes, deixando como única posibilidade desa participación xudía en que fosen xudeus convertidos ou estivesen asesorado por Xudeus que non executarían a obra, o que explicaría o profundo coñecimento dos principios cabalísticos e da Biblia. Algúns historiadores defenden a tese de que o Mestre Mateus fose de orixe hebraica.

Localización da Xudiaría de Compostela. GoogleEarth
Localización da Xudiaría de Compostela. GoogleEarth

A Xudiaría de Santiago de Compostela achábase por tras da catedral. A partir da Praza de Cervantes saen as rúas que formaban a Xudiaría compostelana, as Rúas Algalia de Arriba e Algalia de Abaixo e a Rúa dos Truques que liga estas dúas. No outro lado da praza áchanse a Ruela de Xerusalém e a Rúa Troia. O limite do bairro xudeu encontraríase na actual Capela das Ánimas e, a sul, coas ruelas e pequenas prazas por volta da igrexa de S. Miguel dos Agros.

ruela_jerusalem
Ruela de Xerusalém, na Xudaría de Compostela. Foto: Miguel Ven
rua_nova
Rua Nova na Xudaría de Santiago de Compostela. Fotos: Eva L. Parguiña

É posíbel que posteriormente, como no caso de Ourense, os Xudeus de Santiago de Compostela se deslocasen para o eixo Rúa Nova e Entre-Rúas.

arruamentos_compostela
Rúas da Xudiaría de Santiago de Compostela

Mentres o nome de Xerusalém resulta claramente identificábel co pobo xudeu, segundo algúns especialistas o nome Troia non provém daquela cidade da Asia Menor, mais da denominación orixinal de Torá.

placa_r_jerusalem

placa_r_troia

r_troia
Rua da Troia na Xudiaría de Compostela. GoogleMaps

No caso do nome Algalia, esta palabra procede da arabización da palabra hebraica “Cabala” (en árabe Alcabala), o que reforza a tese da existencia de xudeus estudiosos da cabala en Compostela e que estes aplicarían os seus coñecimentos na construción da catedral.

r_algalia_de_abaixo
R. da Algalia de Abaixo, na Xudaría de Compostela. GoogleMaps
algaliaabaixo_truques
R. da Algalia de Abaixo vista da R. dos Truques na Xudaría de Compostela GoogleMaps
algalia_de_arriba
R. da Algalia de Arriba, na Xudaria de Compostela. GoogleMaps

Paradoxalmente á importancia da catedral e as grandes posibilidades que ofrecía a capital galega, a Xudiaría de Santiago de Compostela tivo un tamaño reducido e con pouco peso dentro da xudiaría galega.

É en Santiago de Compostela que ten lugar em 1520 a primeira referencia ao Tribunal da Inquisición na Galiza, tamén chamado de Tribunal de Santiago. Nesa altura é nomeado o primeiro inquisidor no Reino da Galiza. A frieza ambiental que os inquisidores encontraron num reino tan tolerante fixo fracasar a misión para a cal ese tribunal foi criado.

Porén, a chegada de conversos portugueses perseguidos pola Inquisicion de Coimbra fixo con que se enviase un inquisidor especial para encarar a emigración xudaica que de Portugal entraba na Galiza. Nesa altura delímitase pola primeira vez a circunscrición territorial do Tribunal de Santiago abranxendo os bispados de “Astorga, Tui, Mondoñedo, Lugo e Ourense”. Mesmo así, os sucesivos inquisidores fracasaron na súa tentativa de implantar o Tribunal na Galiza.

É por isto que aos ollos da Inquisición en 1532 Galiza foi colocada sob o tribunal de Valladolid, coñecido como o Santísimo Ofício de Castilla la Vieja e o reino de León. Todavía, os testemuños recebidos da Galiza eran moi poucos e cando se producían o Tribunal castellano mal podía actuar.

Finalmente o Santo Ofício consegue estabelecerse de vez en Santiago de Compostela en 1574. Nesa altura, os inquisidores sediáronse no Palácio de Monte-Rei na Praza de S. Miguel, lindando coa cerca oriental da horta do mosteiro de S. Martiño Pinário.

Doravante a perseguición contra os xudaizantes galegos estendeuse ao longo de todo o século XVII, con fases de especial belixerancia (1604-11, 1616-21, 1624-31, 1634-41, 1654-64 e 1679-82). Na praza de Cervantes, moito pertiño da Praza de S. Miguel chegaron a realizarse autos-da-fé, manténdose até os finais do século XVI a coluna por volta da cal se impartían as penas e en cuxo pé se localizaba o cadafalso.

Dentre os procesos da inquisición na Galiza cabe destacar o promovido contra os xudaizantes en Ribadavia ou as investigacións levadas a cabo na zona de Valdeorras, coincidindo co aumento das perseguizóns en Portugal, o que fixo con que os Xudeus portugueses na súa fuxida utilizasem a Galiza, quer como vía de saída para outras comunidades europeas máis tolerantes, quer como local de asentamento.

En 1729 a Inquisición mudouse para a Casa Grande do Hórreo ou de Calo, un predio situado extramuros frente á Porta da Mámoa (no canto que hoxe formam a R. do Hórreo e a R. da Fonte de Santo António).

Casa Grande do Hórreo/Casa da Inquisiçom de Compostela
Casa Grande do Hórreo/Casa da Inquisiçom de Compostela
Advertisements