Vila galega con cerca de 14.800 habitantes localizada desde o ano 1168 no final da Ría de Muros e Noia, non lonxe da foz do río Tambre. Até entón a vila situábase máis a norte, estando ao pairo de inúmeros saques de invasores e de piratas.

Segundo a lenda, Noia foi fundada por unha neta de Jafé, o fillo de Noé, tradición recollida no brasón da cidade en que aparecen representados unha barca, unha pomba cun ramo de oliveira e um arco-íris.
O porto de Noia, dependente da Arquidiocese de Compostela, tivo unha grande importancia durante a idade media, conseguindo o seu maior apoxeu grazas aos estaleiros e ao comercio da sardiña entre os séculos XIV e XVI.

A presenza de Xudeus en Noia documéntase en 1396, cando Judá Bemveniste “morador na vila de Noia” declara que lle debe ao cabido de Compostela 2700 maravedís do aniversario de el-Rei.

Advertisements