Vila pertencente ao Berzo galego con cerca de 3.500 habitantes situada na confluencia dos ríos Búrbia e Valcarce.

A orixe desta vila está moito ligada á rede de hospitais criados por volta do Camiño de Santiago, máis concretamente ao asentamento en 1070 do mosteiro de Santa María de Cluniaco (pertencente á orde do Cluny) para atender os peregrinos franceses. Destarte foise formando un burgo de Francos constituído por peregrinos franceses que ficaban nestas terras. Atraídos pola actividade comercial nesa altura estableceríanse tamén Xudeus.

A primeira referencia documental da presenza xudaica é do século XIII, conformándose um importante núcleo xudeu a partir de entón. Em 1175 o señor da vila era Nuno Peláez delegando en tres autarcas, entre os cais aparece un xudeu. Trátase dun acontecimento moito inusual. Esta alfama tamén aparece ligada à alfama de Ponferrada en materia tributaria.

A Xudiaria de Vila Franca está ligada á Rúa da Água, rúa de pasaxe de peregrinos. A comunidade xudaica localizábase na entrada e saída da vila, podendo referirse que un dos asentamentos estivo no extremo sul desta, ao pé do castelo e da igrexa de Santiago e tamén na saída, onde esta rúa vira para a esquerda e toma a encosta de Samora rumo para a Galiza.

Rúa da Agua, na xudaría de Vilafranca do Berzo
Rúa da Agua, na xudaría de Vilafranca do Berzo

Como no caso doutras vilas da rota francesa do Camiño de Santiago, os Xudeus fixados en Vila Franca, para alén de angariadores de impostos e prestamistas, foron mercadores e artesáns.

A partir do édito castelhano de expulsom de 1492, algúns Xudeus de Vila Franca víronse envolvidos nunha rede ilegal que tentaba sacar os metais preciosos e xoias dos expulsos, actividade interdita. Algúns Xudeus fuxiron polo porto da Coruña, outros por Portugal. Os que se converteron ao cristianismo no exilo regresaron, recuperando parte das súas tenzas.

Seis anos antes do édito de expulsom, en setembro de 1486, os reis españóis chamados de católicos crían o Marquesado de Vila Franca do Berzo, entregado ao Conde de Benavente (casa nobiliaria castellana). Con esta medida os monarcas españois removían este territorio galego do Condado de Lemos como medida de castigo pola oposición desta liñaxe galega ao expansionismo castellano.

Apesar das políticas asimilacionistas implementadas durante séculos, os populares de Vilafranca do Berzo aínda conservan a o galego como lingua de expresión.

Advertisements