Cidade galega localizada na Ria de Ferrol na beira do Oceano Atlántico, con cerca de 72.000 habitantes. A súa área metropolitana, con aproximadamente de 210.000 habitantes, é chamada de Trasancos ou de Ferrolterra.

Na Idade Media a vila de Ferrol tivo algúns privilexios e forais até que, como o caso de Pontedeume ou Betanzos, pasou a pertencer xurisdicionalmente á Casa de Andrade.

A existencia dunha comunidade xudia en Ferrol consta nun documento de 1493. Trátase dun requirimento realizado polos reis católicos no que solicitan que se pesquise sobre o ouro, prata e pérolas que os xudeus sacaran da Galiza logo do édito de expulsión de 1492.

Neste documento recóllese a procedencia dos Xudeus que utilizaran o porto da Coruña como vía de fuxida: “… levaram outros judeus da dita Vilafranca e de Ferrol e de Ponte d’Eume”.

No entanto, lamentabelmente, non existe constancia da localización da Xudaría de Ferrol.

Advertisements