Do latín pontem veteram (Ponte Velha), Pontevedra é unha cidade galega con cerca de 82.700 habitantes situada na beira do Río Lerez e da Ría homónima.

A teor do foral concedido durante o reinado de Fernando II (1157-88), asistiuse a unha reactivación da actividade comercial, restaurándose camiños e pontes, repoboándose de novo o local hoxe ocupado pola cidade, despois de se ter asistido a un certo abandono na Alta Idade Media. Entre as concesións destacan o monopolio do fabrico do saín (gordura obtida ao prensar algúns peixes) na Galiza e da cura do peixe (non da salga) en 1229, ben como a adxudicación do porto de carga e descarga da Galiza en 1452.

Existe constancia da presenza xudaica na cidade de Pontevedra desde, no mínimo, 1304. Así figura no documento de venda duns terrenos ao prior de Santo Domingos de Pontevedra, no que se refere a presenza dun guardián ou custodio da Sinagoga da vila. Para que houbese unha sinagoga de raíz en Pontevedra nos inicios do século XIV, tiña de habitar un número de dez familias, polo que é moito probábel que a presenza xudaica na cidade se remontase a meados do século XIII.

A Xudiaria de Pontevedra posuía sinagoga e fossar (cemiterio judaico) polo que cabe pensar que o seu tamaño e importancia debeu de ter sido considerábel no seu momento de esplendor. Hai que levar en conta que durante a Idade Media a cidade pontevedresa era un importante centro comercial.

Localización da Xudaría de Pontevedra. GoogleEarth
Localización da Xudaría de Pontevedra. GoogleEarth

A localización da Xudiaria de Pontevedra estaba entre o actual Parador de Turismo (casa do Barón) e a Igrexa de Santa María, abranxendo as rúas Alta, da Amargura, Pratarías Vellas e Tristán de Montenegro.

Rúas de ámbito xudaico de Pontevedra. GoogleMaps
Rúas de ámbito xudaico de Pontevedra. GoogleMaps

Rua Alta

GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps

Rúa da Amargura

GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps

Rua Pratarías Vellas

GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps
GoogleMaps

Rua Tristám Montenegro

GoogleMaps
GoogleMaps

Na praza de Santa María a Maior existe unha placa que conmemora que nese local estaba o antigo cemiterio xudeu, coñecido como Lampán ou Campas dos Xudeus. As duas lápides xudaicas (parcialmente cortadas) foron encontradas por acaso no laxeado dunha casa de inicios do século XIX na Rúa Dona Tereixa.

Campa dos Xudeus de Pontevedra
Campa dos Xudeus de Pontevedra
Planta medieval de Pontevedra
Planta medieval de Pontevedra

Relativamente á situación dese cemitério existen dúas hipóteses. Por un lado, aquela que o sitúa fronteiro á fortaleza arcebispal e, por outro, a que o sitúa extramuros e afastado do casarío habitado. Unha fonte documental en favor da primeira tese sería o libro de Actas municipais de 1573, onde se recolle un foral “de un pedazo de suelo, que está en donde dizen las campanas dos judeos, junto a la fortaleza desta villa”.

Placa cnomemorativa no local do cemiterio xudaico medieval. Foto: Don Filiberto
Placa cnomemorativa no local do cemiterio xudaico medieval. Foto: Don Filiberto
Lampán dos Xudeus de Pontevedra. Panoramio
Lampán dos Xudeus de Pontevedra. Panoramio

A partir de 1560 fíxase en Pontevedra unha comunidade de cristiáns-novos vindos de Braga e Barcelos. Tratábase dun grupo activo de profisionais altamente cualificados, entre os cais, médicos, advogados e, mormente, mercadores. Entre os recén chegados figuran apelidos Pereira, Saraiva, Dinis, Chaves, Coronel, Nunes, Blandom, tamén presentes en Vigo, Redondela, Tui, Baiona ou Ribadavia.
A partir de 1604 a Inquisición impulsiona unha rusga en toda a Galiza contra o criptojudaismo, caindo o seu peso sobre os cristiáns-novos de Pontevedra en 1619.

O ascenso social dos cristiáns-novos de Pontvedra ben como o seu enriquecimento ao abrigo da súas actividades comerciais, suscita as desconfianzas dunha decadente oligarquía local, que se achaba co monopólio do poder político (rexedorías municipais). Altamente endividados, os cristiáns-vellos víronse forzados a vender priviléxios, que son asumidos pola nova clase comercial. Nesa altura esas camadas tradicionais, temendo perder de vez os seus privilexios de liñaxe, mobilizan a Inquisición para trabar o ascenso social dos cristiáns-novos, exixindo limpeza de sangue. Porén, os seus pedidos baten coa resistencia da coroa, non podendo os inquisidores intervir contra os criptoxudeus. Unha real cédula de 1623 reabilita os condenados pontevedreses, permitindo a Marcial Saraiva Pereira exercer como rexedor.

Os conversos teimaron na luita polo ascenso social, aproveitando a transixencia do goberno do Conde-Duque de Olivares, de triste memoria noutros acontecimentos. De facto, Ventura Dinis chegará a ser un dos máis importantes banqueiros do rei, sendo honrado co título de Marqués de Olivares. El irá subornar a Inquisición para remover os infames “sambenitos” da igrexa de S. Bartolomeu.

Os referidos “sambenitos” eran un arma usada polo Santo Oficio para o escarnio público dos conversos. Nas igrexas das que eran fregueses, os pentenciados pola Inquisiçom colocábase unha sorte de cartazes, os “sambenitos”, nos que figuraba o nome do réu, ficando a súa familia incapacitada para o exercicio de calquer un cargo público. No caso de Pontevedra era a igrexa de S. Bartolomeu o ponto escollido pola vella fidalguia para facer escarnio público dos cristiáns-novos.

Perante a falta de apoio da coroa o mesmo Concello reaxe com medidas pontuais, entre as cais, denunciar as aspiracións sociais dos cristiáns-novos mostrando as suas orixes ou condenas pasadas. Así sendo, nunha data imprecisa da primeira metade do século XVII as autoridades locais deciden instalar un cruceiro sobre o local do antigo cemiterio xudaico co intuito de “limpar” o local. Posteriormente, co triunfo das correntes liberais en meados do século XIX, ese cruceiro sería removido do Lampán dos Xudeus, colocándose no Campelo de Santa María, onde actualmente se conserva.

Campelo de Santa María co cruceiro noutrora colocado do cemiterio xudaico. Panoramio
Campelo de Santa María co cruceiro noutrora colocado do cemiterio xudaico. Panoramio
Cruceiro coa igrexa de Santa María ao fundo. GoogleMaps
Cruceiro coa igrexa de Santa María ao fundo. GoogleMaps

Como no caso de Monterrei, a documentación sobre a presenza xudia é moito fraca. Porén, a existencia de dúas laudas sepulcrais e, posibelmente, dun cemiterio, ao que hai que acrescentar as referencias a varios Xudeus vivendo na cidade son elementos suficientes para afirmar a existencia dunha comunidade xudaica. Varios historiadores galegos mesmo defenden a tese de que a orixe de Cristovao Colombo, o “descobridor” da América, estaría en Pontevedra. Segundo esta hipótese, esta seria a súa terra de orixe xa que habían na Galiza varios xudeus galegos co nome de Colon, a maior ocorrencia dese apelido na cidade de Pontevedra e o feito de a toponimia de localidades das Antillas posuir nomes parecidos cos de poboacións e elementos xeográficos da ría de Pontevedra.

Nunha carta da pianista xudía Marta Lehman de inicios do século XX, descrébese a Judiaria de Pontevedra como unha das mellores conservadas da Europa. Porén, na actualidade pouco fica daquele importante bairro xudeu.

Advertisements