Cidade galega, localizada na beira do oceano Atlántico, con cerca de 246.200 habitantes.

A cidade estendeuse a partir da construción na restinga formada entre a illa onde hoxe asenta a Torre de Hércules, o farol en funcionamento máis antigo do mundo, e o continente. A parte máis antiga da cidade alicérzase sobre un castro.

As invasións normandas provocan un esmorecemento da cidade a partir do século IV, facendo con que a populación do entón chamado Burgo do Faro se deslocase para o interior da ría.

Ao longo do século IX prodúcense varios ataques viquingues á cidade, entón coñecida como Faro ou Faro Bregancio. É por isto que, no final do séc. X, o rei galego Bermudo II inicia a construción dos elementos defensivos costeiros. Nesa altura é que se sitúan os primeiros vestixios da presenza xudaica a teor das lápides hebraicas encontradas nas redondezas da primitiva cidade.

En 1208 o rei galego Afonso VIII refunda a cidade sob o nome de Crunia como porto de reguengo, co privilexio de desembarcar e vender sal libre de taxacións. Doravante prodúcese un período de desenvolvimento mercante e pesqueiro facendo con que a cidade alastre polo tombo da península. Apesar dos achados, a tradición é a que estabelece a chegada dos Xudeus no momento da (re)fundación da cidade.

Cando en 1369 o rei D. Fernando I de Portugal invade a Galiza, é aclamado Rei na cidade da Coruña. No breve tempo que tivo de reinado en Portugaliza, realizou disposicións en materia monetaria para o que mandou fazer moeda de seus sinais d´ouro e prata, asii (…) na Crunha e em Tuy, testemuñando as Cortes de Lisboa de 1371 a validez das moedas indistintamente no reino da Galiza como no de Portugal.

Despois da invasión castellana da Galiza en 1483, os reis católicos instalan na Coruña a Real Audiencia do Reino da Galiza, abandonando Compostela, sendo designada capital do Reino da Galiza en 1563.

Salvo as referidas lápides semitas, os primeiros documentos existentes da presenza xudaica na Coruña datan de 1375, co acta de nascimento de Samuel, fillo de David Mordechai.

A Xudiaría da Coruña foi crescendo rapidamente ao longo dos séculos XIII, XIV e XV, chegando a ser unha das máis prósperas e ricas, a de maior actividade cultural de todo o norte de Sefarad. Algúns historiadores achan que o descolamento da alfama estivo motivado pola chegada de dúas vagas de Xudeus: os Xudeus ingleses expulsos en 1290 por Henrique I e os Xudeus franceses expulsos por Filipe IV en 1306. Igualmente, é posíbel que ao porto da Coruña tivese chegado un grande número de Xudeus fuxindo das perseguicións antisemitas de Castela.
En función dos tributos pagos polos Xudeus da Coruña pódese assegurar que se trataba da segunda Xudiaría máis grande da Galiza.

A actividade principal dos Xudeus da Coruña era a arreacadación de tributos, o empréstimo e os oficios como alfaiates, xoalleiros, teceláns,… mais acima de todo foi o porto da cidade o que fixo con que prosperase a comunidade hebraica, grazas ao comercio que este mantiña coa África, Europa e o Mediterráneo. Sábese que no ano 1384 o xudeu David era un dos maiores exportadores da cidade e que posuía unha “nave grande e ben fornecida” que exportaba peixe para o Mediterráneo. Os Xudeus coruñeses tamén comerciaban cos reinos de Castela e Aragón e que en 1451 contribuiron cunha elevada cantidade para o resgate da Xudiaría de Múrcia.

Áreas de ámbito xudaico da Coruña. Eva L. Parguiña
Áreas de ámbito xudaico da Coruña. Eva L. Parguiña

Na Coruña coñécese a existencia de dúas Xudiarias, unha localizada intramuros e outra extramuros, non podendo determinarse com exactidón, todavía, se as dúas coexistiron no mesmo espazo e tempo.

Localización da Xudiaría intramuros da Coruña. GoogleEarth
Localización da Xudiaría intramuros da Coruña. GoogleEarth

Relativamente á localización da Xudiaría de intramuros da Coruña, esta situábase na actual Rúa Sinagoga, abranxendo tamén as Rúas Sapataría, Cortaduria e Ferrarías.

Arruamentos da Xudaría da Coruña. GoogleMaps
Arruamentos da Xudaría da Coruña. GoogleMaps

Rúa da Sinagoga

Rúa da Sinagoga, na Xudaría da Coruña. Foto: Eva L. Parguinha
Rúa da Sinagoga, na Xudaría da Coruña. Foto: Eva L. Parguinha
Foto: Eva L. Parguiña
Foto: Eva L. Parguiña
Foto: Eva L. Parguiña
Foto: Eva L. Parguiña
Foto: Eva L. Parguiña
Foto: Eva L. Parguiña
Pasadizo na Rúa das Ferrarías, visto da R. da Sinagoga. Xudaría da Coruña. GoogleEarth
Pasadizo na Rúa das Ferrarías, visto da R. da Sinagoga. Xudaría da Coruña. GoogleEarth

Rúa das Ferrarías

R. da Sinagoga (á esquerada) e R. das Ferrarías (defrente). Xudaría da Coruña. GoogleEarth
R. da Sinagoga (á esquerada) e R. das Ferrarías (defrente). Xudaría da Coruña. GoogleEarth
Interior do pasadizo na Ruela de S. Bento/Rúa das Ferrarías na Xudaría da Coruña.GoogleEarth
Interior do pasadizo na Ruela de S. Bento/Rúa das Ferrarías na Xudaría da Coruña.GoogleEarth
Rúa das Ferrarías na Xudaría da Coruña. GoogleEarth
Rúa das Ferrarías na Xudaría da Coruña. GoogleEarth

Rúa da Sapataría

Rúa da Sapataría na Xudaría da Coruña. GoogleEarth
Rúa da Sapataría na Xudaría da Coruña. GoogleEarth

Rúa Curtidoria

R. da Curtiduría na Xudaría da Coruña. GoogleEarth
R. da Curtiduría na Xudaría da Coruña. GoogleEarth
R. de Santa María vista da R. da Curtidoria na Xudaría da Coruña. GoogleEarth
R. de Santa María vista da R. da Curtidoria na Xudaría da Coruña. GoogleEarth

Sinagoga da Coruña

Segundo a tradición popular é nesta Xudiaría que estaría localizada a sinagoga, no nº4 da Rúa da Sinagoga, ben como a existencia dun pasadizo que ligaba o templo xudaico coa igrexa de Santa María. Da sinagoga da Coruña mal resta unha cisterna, aberta na pena e cun manancial de agua.

Nº4 da Rúa da Sinagoga da Coruña. GoogleEarth
Nº4 da Rúa da Sinagoga da Coruña. GoogleEarth

sinagoga_corunha2

Predio da sinagoga da Coruña. Foto: Eva L. Parguiña
Predio da sinagoga da Coruña. Foto: Eva L. Parguiña

A Xudiaría extramuros da Coruña estaría localizada na zona da Rabiada ou Larrabiada, no antigo bairro de Santa Lucía (coñecido actualmente como da Falperra).

Xudaría extramuros da Coruña
Xudaría extramuros da Coruña

Cemitério xudaico da Coruña

Moito perto deste ponto achábase o fosser ou cemiterio xudaico, a zona coñecida na actualidade como d’A Palloza, frente a un illeu chamado Pena dos Xudeus, desaparecido durante o alargamento do porto pesqueiro e onde agora se acha a Fábrica dos Tabacos. Nesas obras de alargamento, realizadas en 1869, encontráronse os restos do cemiterio xudaico, destacando tres lápides en bon estado de conservación, con inscricións en hebraico. As lápides áchanse hoxe no Museu Sefardita de Toledo, no que é un espólio cultural dun patrimonio que pertence ao pobo galego. Aliás, ao realizar unhas obras de desentullo nas proximidades do porto da Palhoza, en 1978 apareceron restos humanos que poderian indicar que esta foi a localización dese cemiterio xudaico.

De resto, existe a hipótese de que na Coruña existiu unha outra xudiaria de menor tamaño na Rúa Nova, xa que as ruas con ese nome costumaban acoller as xudiarías galegas. Porén, na actualidade apenas se pode afirmar con certeza a existencia das dúas anteditas xudiarías.

Descoñécese se os Xudeus habitaron espallados por toda a cidade e foron separados para esa zona despois de 1480, como no caso das xudiarias de Ourense, ou se desde o inicio moraron agrupados por volta dunha rúa como no caso de Ribadavia. Porén, unha carta foral de 1494 permite localizar a xudiaría da Coruña dentro da cidade vella, moito perto da actual Porta dos Ares: «… para que por nos e en nonbre del cabildo de la dicha yglesia posays partyr y faser partilla con Vasco Moro, notario, vecino de la dicha cibdad que esta presente, de una casa que es syta acerca de la porta dos Sares acerca de donde solia ser juderia que es en la colacion de la dicha yglesia…»”.

Relativamente ao aspecto do bairro xudeu da Coruña, este sería, ao igual que o doutras zonas da cidade, o dun arruamento de terra sen pavimentar, operación que non se implementaría na cidade até o século XVI.

Biblia Kennicott

A Xudiaría da Coruña posuía unha grande riqueza e cultura no século XV, pouco antes da súa desaparición. Así sendo, ligada á tradición xudaica da cidade está a chamada Bíblia Kennicott, redixida en hebraico na cidade no ano 1476. Obra de Moisés Ibn Zabara para o xudeu portugués José de Braga, é considerada como un dos máis importantes manuscritos hebraicos iluminados que existen, unha obra prima da arte sefardita medieval. Na actualidade esta obra gárdase na Biblioteca da Universidade de Oxónia, Inglaterra.

kennicott_bíblia
A realización na Coruña da Bíblia Kennicot coloca un grande problema histórico. Por un lado, algúns historiadores afirman que esta obra foi realizada por unha Escola de Iluminados Hebraicos, que era das máis prestixiadas da Europa e que estaría en contacto con outras escolas europeas, sendo criación destes iluminados xudeus as versións galegas das obras “Grande et General Estória” de Afonso X e da “Crónica Troiana”. Por outro lado, outros estudosos afirman que nunca existiu esa escola e que a Bíblia Kennicott é unha simples reprodución da Bíblia Cervera.

biblia

Chegado o momento da expulsión de 1492, a comunidade xudaica da Coruña que non se converteu, ben como os Xudeus vindos doutros lugares da Galiza e Castela, utilizaron os cais do porto da Coruña para fuxir para a África. En 1493 un ourivre coruñés chamado Isaque foi denunciado por ter abandonado o país rumo para África con dous milóns de maravedis en moedas e alfaias.

Advertisements